• Número 417
  • 24 de decembro de 2018

Universidade

Negociación da regulamentación de xornada, horario... na USC

A Xerencia da USC quere impoñer o control horario

A USC e a UDC estamos a negociar unha nova normativa que regule a xornada, horario... A USC ten máis avanzado o procedemento e parece que, nos últimos días a Xerencia decidiu acelerar o proxecto impoñendo, ademais do acordado na Mesa Xeral, e de xeito inmediato, o control horario no colectivo de PAS, pospoñendo a mesma medida para o PDI a setembro do ano 2019.

O pasado luns, día 17 de decembro o xerente da USC enviou un correo electrónico a todo o PAS no que literalmente sinalaba:

“Bo día, 

En resposta aos compromisos adquiridos durante a campaña polo actual Reitor, e despois da negociación cos representantes das e dos traballadores, o 13 de decembro acordouse coa Mesa Xeral do PAS a implantación da xornada de 35 horas, que se fará efectiva desde o 2 de xaneiro de 2019. 

Por outra banda, na procura de medidas que favorezan a conciliación do persoal coa súa vida familiar e persoal, acordouse a implantación da xornada flexible en supostos nos que é compatible coa normal prestación dos servizos. Neste caso, propúxose un período experimental de 3 meses que comezará tamén o 2 de xaneiro e que será obxecto de avaliación e, de ser o caso, revisión ao final dese período.

Co mesmo obxectivo, acordouse a posta en marcha dun programa experimental de teletraballo que se desenvolverá nun período inicial de 6 meses durante o ano 2019. 

A implantación destas medidas precisa dun mecanismo que facilite o cómputo da xornada laboral, polo que a partir do 2 de xaneiro de 2019 porase en marcha de xeito progresivo un sistema de control horario. 

Tendo en conta o contexto actual, no que as Universidades públicas son constantemente cuestionadas e no que, máis que nunca, deben estar á altura das esixencias de transparencia e responsabilidade no manexo dos recursos da cidadanía, este mecanismo reforzará a imaxe de compromiso e o bo facer da nosa Universidade e, sobre todo, do seu persoal.

Así mesmo, a ferramenta de control horario permitirá unha xestión máis áxil para a persoa traballadora dos seus permisos e vacacións, e máis eficiente para os responsables das unidades organizativas, que disporán de toda a información do seu persoal, podendo realizar unha mellor planificación da prestación do servizo. 

A coexistencia de diferentes tipos de xornada e as circunstancias particulares do persoal fan aconsellable unha implantación progresiva e que permita ir facendo os axustes necesarios.

 Así, acordouse o seguinte calendario de actuacións:

 Actuación

Período

Reunións cos responsables das unidades organizativas(Ver documento adxunto coa distribución por fases)

Fase 1: 19 de decembro de 2018

Fase 2: 9 de xaneiro de 2019

Correo informativo a todo o persoal para revisar a súa adscrición

20 de decembro de 2018

Publicación de documentación de axuda na web de Xerencia

Segunda quincena de decembro de 2018

Inicio do control horario nas unidades da fase 1

2 de xaneiro de 2019

Inicio do control horario nas unidades da fase 2

14 de xaneiro de 2019

Inicio do período de proba con todas as unidades

Do 1 de marzo de 2019 ao 30 de abril de 2019

Avaliación e redefinición do control horario

Maio e xuño de 2019

Posta en marcha definitiva

1 de setembro de 2019

O xerente,

Xavier Ferreira Fernández”

Ao día seguinte, o día 18, producíronse as respostas dos sindicatos que, estando presentes na Mesa Xeral, entenden que o correo do xerente sementa a confusión e sinalan, entre outras cousas:

“Non existe tal acordo sobre o control horario: é unha facultade de Xerencia que tiñan xa decidida e que non se someteu a negociación.”

A implantación do control horario, como se observa, faise por fases, a implantación definitiva, que abranguería tamén ao PDI realizaríase en setembro do ano 2019.

Todos os sindicatos da Mesa Xeral rexeitaron o procedemento por comezar polo PAS, a parte máis débil do persoal da USC. Reclaman a implantación simultánea. De ningún xeito aceptarán a minoración dos dereitos do PAS.

Comunican, os compañeiros da USC que si existe acordo na Mesa sobre a Implantación da xornada de traballo de 35 horas (34 + 1) e flexibilidade (Ligazón)

O pasado día 19 o xerente enviou outro correo electrónico no que sinalaba:

“Bo día.

Dende a Xerencia informámosvos de que xa está publicada na páxina web da xerencia, dentro de apartado de “Recursos Humanos”, toda a información sobre a xornada e a flexibilidade horaria, e o novo sistema de rexistro horario:

http://www.usc.es/gl/goberno/xerencia/

Aproveitamos tamén para comunicarvos que, tal e como se recolle nesta información, a semana do 2 ao 4 de xaneiro de 2019 a xornada quedará reducida nunha hora, de tal xeito que o horario da quenda de mañá será entre as 9:00 e as 15:00 e o horario da quenda de tarde será entre as 15:00 e as 21:00

Un saúdo”

Pola súa banda, a páxina web da UVIGO, baixo o epígrafe de xornada e horario aparece a seguinte normativa:

o   Horario 1.48 KB [PDF]

o   Xornada en sábados 390.97 KB [PDF]

o   Seguimento ausencias do traballo 755.08 KB [PDF]

o   Instrución sobre a tramitación das solicitudes de modificación de xornada 405.3 KB [PDF]

o   Solicitude para adaptación de xornada 646.87 [PDF]

o   Solicitude para redución de xornada 480.56 KB [PDF]