Defendendo o fogar

Esta guía pretende servir de axuda para un uso
adecuado das solicitudes de medidas cautelares ao Comité DESC sobre
suspensión de desafiuzamentos sen alternativa residencial. Desde o Grupo
de Traballo da Coordinadora de Vivenda de Madrid sobre Medidas
Cautelares, vimos facendo seguimento das solicitudes que coñecemos e
contabilizamos polo menos 50 casos de suspensión vinculadas á PAH e ao
movemento polo Dereito á Vivenda só entre xaneiro e novembro de 2018. A
través da análise de caso, aprendemos numerosas leccións para utilizar
as ferramentas que ofrece o sistema internacional de Dereitos Humanos no
noso favor, servindo á vez para denunciar o caso concreto e para
dar visibilidade e lexitimar ao movemento, intentando ao mesmo tempo
fuxir do mero asistencialismo e enfocar nosa práctica ao empoderamento
popular colectivo.
As comunicacións ao Comité DESC requiren moitas
horas de estudo previo, xestión documental, revisión de datos,
comunicacións con diversos actores (grupos de traballo, asembleas,
avogados de oficio, servizos sociais, bancos, propietarios, mediadores,
etc.), redacción de solicitudes, visitas a xulgados, etc. O protagonismo
das persoas afectadas é esencial, así como a confianza entre estes e o
movemento, pois en cada caso poñemos en xogo enormes recursos "públicos"
-en términos de tempo e esforzo das persoas máis comprometidas das
asembleas- que non sería xusto que se desperdiciaran por un mal uso ou
por falta de informacións relevantes.
Nesta "Guía de Uso" poñemos por escrito as
recomendacións que consideramos máis útiles para ter éxito desde unha
perspectiva ampla: non se trata tanto de parar moitos desafiuzamentos (o
que en si mesmo é bo), senón de mobilizar mellor todas as enerxías
sociais posíbeis a través de procesos de stop desafiuzamentos que xeren
verdadeiros avances para todas. Fariamos moi mal si en lugar de mellorar
os nosos métodos e ser máis eficaces, co uso destas ferramentas
saturásemos o movemento de "papeleo" e servizo asistencial sen
apenas impacto real. Un caso ante instancias internacionais para
protexer o Dereito Humano á Vivenda é unha oportunidade única para
influír en sectores sociais diversos e provocar cambios maiores,
o que nos permitirá suspender desafiuzamentos no futuro con maior
facilidade, pero para iso é necesario un tratamento responsábel,
tecnicamente rigoroso e en sinerxia con toda a potencia do movemento.
"Kit Dictame DESC" para paralización urxente
de desaloxos
Que contén este
KIT:
1.- Consellos orientativos para o seu uso (descargar).
2.- Modelo de Escrito de Solicitude Urxente de
Suspensión do Desaloxo (descargar)
trátase dun modelo elaborado pola Comisión Xurídica da PAH, baixo a
filosofía Creative Commons. Deste xeito pode e debe adaptarse a cada
caso, e cada persoa afectada e/ou o seu avogado/a pode e debe modificalo
ao seu gusto, mellorándo-o até para dar unha versión máis apropiada en
cada procedemento. En calquera caso, serve de orientación básica para
trasladar aos órganos xudiciais moitas das alegacións que xa se están
facendo nos Xulgados e que desde a PAH vimos incorporando nos nosos
escritos.
3.- Ditame do Comité DESC de Nacións Unidas de 20
de xuño de 2017 (descargar).
4.- Sentenza do Tribunal Supremo de 23 de novembro
de 2017 (descargar).
Fonte:
PAH.
Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de
Ferrol Terra.
forosocialdeferrolterra@gmail.com
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/
Relacionado: Amnistia internacional
denuncia no seu Informe 2017. | Dereito á vivenda.
En 2017, o Estado Español viviu un total de 26.767
desaloxos por non pago de alugueiro e 16.992 por execución hipotecaria.
A persoas que sufriron estes desaloxos forzosos víronse na rúa sen
garantías xudiciais adecuadas nin provisión de aloxamento alternativo
polo Estado, recoñece Amnistía. Algúns deses casos son o de Mónica, o de
Tamara ou o de Antonia.
O gasto público en vivenda continuou
diminuíndo malia que persiste unha gran demanda de vivenda social
asequíbel, cuxa escaseza afectaba especialmente ás nais solteiras e ás
sobreviventes da violencia de xénero.
https://artabra21.blogspot.com/2018/12/defendendo-o-fogar-guia-para-solicitude.html