As xornaleiras marroquís de Huelva e a presunción de inxustiza

Do mesmo xeito que a presunción de inocencia
(principio xurídico penal que establece a inocencia da persoa como
regra) é un dereito fundamental, poderiamos pensar -tendo en conta do
que está a pasar coas nosas compañeiras as xornaleiras de Huelva en
particular e connosco as mulleres abusadas, agredidas, violadas e
asasinadas en xeral- que non é nada disparatado falar dunha presunción
de inxustiza nos tribunais da idem ata que se demostre o
contrario.
Podemos e debemos falar de presunción de inxustiza
porque son xa demasiados os casos e demasiadas as cousas que están a
pasar nas salas do penal do noso país como para pensar que se está
impartindo xustiza ou levando a termo sentencias xustas: culpabilizar á
vítima, pór en dúbida o seu testemuño, dubidar da súa credibilidade por
ser muller (ou directamente non escoitala, como sucedeu no caso das
xornaleiras marroquís) e, finalmente, non chamar aos feitos polo seu
nome son parte do que a máis dunha se nos antolla xa como un manual
farto sospeitoso.

Rece-lemos, irmás.
Unha e outra vez, caso tras caso, sentenza tras
sentenza, arquivo tras arquivo, telexornal tras telexornal somos
testemuñas de como se fai lixo televisivo coa nosa dor, como se ningunea
a nosa palabra, como se invisibiliza e reformula a violencia ou mesmo
como se aproveita a conxuntura para elaborar discursos punitivistas
desde as cadeiras de brazos máis rancias do Congreso. Trocar votos co
feminismo (como xa nos demostrou Ken Sánchez na súa visión patética por
formar un goberno feminista a base de pór vaxinas nas súas carteiras
ministeriais) ou utilizalo para publicitar a represión e a man dura está
máis preto de construír un patriarcado estilo Margaret Thatcher que
dunha loita real por acabar coas opresións que seguen atravesando ás
mulleres. O endurecemento dos castigos co suposto propósito de pór fin
ás violencias exercidas contra nós non serve, e se non por que desde a
entrada en vigor da prisión permanente revisable o 31 de marzo de 2015
seguiron producíndose violacións e feminicidios?
Cando falla e fállanos a xustiza, quédanos a
organización da rúa e dos espazos de loita e apoio mutuo para esixila e
é o que está a suceder por todo o territorio español coas protestas e
mobilizacións en máis dunha vintena de cidades tras coñecerse o arquivo
do CFDI das xornaleiras marroquís de Huelva. Colectivos e activistas
feministas antirracistas organizámonos e mobilizamos onte 19 de
decembro; case coincidindo co día que a Asemblea Xeral das Nacións
Unidas establecese hai dezaoito anos no calendario como Día
Internacional do Migrante. E mobilizámonos para denunciar o arquivo da
causa que pon en evidencia a complicidade do Poder Xudicial ao lexitimar
violencias que responden á lóxica machista, racista e clasista instalada
nas institucións, a lóxica da alianza entre o patriarcado e o capital
que, ademais, no caso das mulleres migrantes, engade a tiranía colonial
fortemente arraigada tamén nestas salas de pretendida xustiza. E
mobilizámonos para pór sobre a mesa a impunidade da que goza o
empresario Antonio Mato, propietario da leira e parece ser que tamén dos
xenitais das traballadoras ás que manoseaba no que el seguramente
consideraba un exercicio de liberdade. E non se equivocaba. Así llo
confirmou o xulgado de primeira instancia e instrución 3 da Palma do
Condado en Huelva, pois libre de toda acusación queda este señor que,
sen ningunha dúbida debe ter as amizades e a xenitalidade correcta que
lle permiten exercer semellante despregamento de poder; Antonio Mato é
outro dos intocables mentres as temporeiras marroquís déixannos claro
que son moi tocables.

O documento dun par de folios e a outra cousa que despacha as denuncias
interpostas polas compañeiras marroquís a este señorito andaluz
argumenta nun alarde de orixinalidade branca colonialista que todo isto
é unha «manobra» (manobra!) das traballadoras para quedar no noso país.
Coincide isto cos últimos éxitos de urna das taquilleiras películas do
tipo «Vannos a invadir» con pre-estrea en Andalucía, que están a recadar
de todo menos solidariedade e humanidade. Baixo o paraugas da que din é
unha das constitucións democráticas máis avanzadas do mundo occidental,
os novidosísimos partidos e ideoloxías alimentan e acirran o rexurdir
cal ave fénix de nostalxias racistas e xenófobas no que a algunhas
parécenos máis un sketch de palurda reconquista. Unha vez máis avívase a
chama do medo e a ameaza como arma política.
A explotación laboral no traballo da agricultura
española é un segredo a voces que leva anos sendo denunciada e
sistematicamente silenciada. No caso das mulleres que traballan no
campo, a opresión é dobre: por traballadoras e por mulleres; os
atropelos non son só laborais senón que tamén entran na ecuación os
abusos e as agresións sexuais.
Na tempada da fresa en Huelva, en concreto,
ofértanse contratos de miseria que só son aceptados por mulleres
migrantes, pobres, na súa maioría casadas e obrigadas a deixar ás súas
fillas no seu país de orixe como unha baza para que non tenten quedar en
España. Desta forma, evítase de paso que moitas das denuncias que
algunhas poidan presentar por incumprimento de contrato non saian
adiante, dado que unha vez finalizada a campaña e ao non poder
permanecer en territorio español, a investigación xudicial non continúa.
Así gaña a partida sempre quen ten de man as
mellores cartas. Partimos, pois, á luz destes feitos, dunha situación
xusta? Que marco legal de que Estado de Dereito permite estes contratos
laborais que non só non teñen en conta as situacións de indefensión e
precariedade senón que se aproveitan delas? Podemos falar de traballo
asalariado nun marco de avances en dereitos laborais propio do século
vinte e un cando hai un desequilibrio de poder abismal e unha das partes
atópase nunha situación de extremo desamparo e vulnerabilidade? Non
deberiamos falar de escravitude encuberta? Que garantías constitucionais
na protección dos dereitos fundamentais ofrece esta democracia?
Cada vez nos queda máis claro, xuízo tras xuízo,
que o que é parte do problema nunca poderá ser parte da solución e así o
constatamos con estes xuíces e xuízas: pezas perfectas e indispensables
para o milimétrico funcionamento do aparello machista e patriarcal que
non merece o nome de xustiza. Ningún tribunal, ningún partido, ningún
gobernante, ningunhas políticas penais nin ningún corpo especializado en
represión son garantía para a conservación da nosa dignidade nin a nosa
vida. A resposta para erradicar tanta violencia institucional reside na
nosa capacidade para organizarnos, defendernos e apoiarnos.
Contra a violencia machista, loita feminista!
Texto completo en:
https://www.lahaine.org/est_espanol.php/las-jornaleras-marroquies-de-huelva