As vacas, culpables da contaminación da contorna para a mineira de Touro

Dende a Asociación resaltan tamén que Cobre San
Rafael “chegou a realizar unha proposta para aproveitar as virtudes das
augas contaminadas para abrir o primeiro parque temático de organismos
extremófilos do mundo”.
A xustificación en altos contidos en metais
pesados, nomeadamente de cadmio, nun dos regos onde se tomaron mostras
por parte da empresa, a través dun informe, ven sendo que “á vista da
composición química que presentan as mostras de auga, non hai dúbida de
que ambas mostras derivan de augas contaminadas por purís. Como é
coñecido, os pensos animais e vexetais poden presentar contidos
significativos de metais pesados, entre os que se inclúe o cadmio, que
se incorporarían á cadea trófica, acumulándose no fígado e nos riles dos
animais de granxa, que eliminarían parte dos mesmos nos purís”.
Fins Eirexas, secretario executivo de ADEGA,
salienta que “o que non di a empresa é que estes altos niveis de cadmio
aparecen xusto despois de que o río pase pola antiga balsa mineira,
instalacións que inda hoxe están sendo utilizadas para reciclar
residuos”.
Para Eirexas, “estamos ante un novo episodio
rocambolesco de intentar diminuír a responsabilidade dunha empresa que
leva facendo verteduras ao dominio público hidráulico dende que pechou a
mina e que intenta responsabilizar, neste caso aso labregos e labregas
do que é a responsabilidade da empresa, pois está claro que esas
verteduras proceden da mina.
http://parte.gal/2018/12/15/as-vacas-culpables-da-contaminacion-da-contorna-para-a-mineira-de-touro/