• Número 417
  • 24 de decembro de 2018

Universidade

A voltas co control horario

24 de decembro de 2018 | Parece que na USC a Xerencia impón o control horario, o xerente da UDC adoece por establecelo tamén. Periodicamente as universidades, polo menos as da nosa contorna, pretenden, mediante a “negociación” que o PAS aceptemos os controis horarios, iso si, con diferenzas, mentres que na USC parece que se implantará a PAS e PDI, na UDC nin se lles ocorre impoñer a mesma disposición, premen para que, de xeito “voluntario” o PAS acepte a medida, non vaia ser que se lles revelen @s PDI’s.

Universidade

Rematou o maratón dos orzamentos

24 de decembro de 2018 | A semana pasada foi unha semana intensa que rematou o xoves, día 20 ás 22 horas en Ferrol coa reunión do Consello Social que deu o visto e prace ao que, até ese momento, era o proxecto de orzamentos para o ano 2019. O PAS deixamos claro que estas non son unhas contas que poidan contar coa nosa aprobación, procedendo a rexeitalas en todas as reunións realizadas ao efecto.

Universidade

Negociación da regulamentación de xornada, horario... na USC

24 de decembro de 2018 | A USC e a UDC estamos a negociar unha nova normativa que regule a xornada, horario... A USC ten máis avanzado o procedemento e parece que, nos últimos días a Xerencia decidiu acelerar o proxecto impoñendo, ademais do acordado na Mesa Xeral, e de xeito inmediato, o control horario no colectivo de PAS, pospoñendo a mesma medida para o PDI a setembro do ano 2019.

Universidade

A nosa consideración do proceso establecido na USC para a regulamentación de xornada, horario… e control horario

24 de decembro de 2018 | Como todos os procedementos son exportables, e diante da posibilidade de que o decisión adoptada en Compostela, poida ser un camiño polo que opte a Xerencia da Universidade da Coruña, queremos deixar claras certas consideracións polas que nós rexeitariamos incluso a proposta, aínda que non viñese coa engádega do control horario.

Universidade

APA NON abrirá o seu local no CUR

24 de decembro de 2018 | Aproveitando como, é preceptivo, o período de baixa actividade institucional que comprende ata mediados de xaneiro, comunicámosvos que non abriremos o local que temos asignado no CUR, durante este tempo.

EGAP - Formación

EGAP. Publicado o Plan de formación para o ano 2019

24 de decembro de 2018 | Despois da súa aprobación polo Consello Reitor o pasado 14 de decembro, a EGAP publicou no DOG do 21 de decembro o Plan de formación previsto para o ano 2019, que contén un total de 523 edicións formativas e 26.343 prazas.

Universidade

Unha nova universidade (privada) en Galiza?

24 de decembro de 2018 | Parece que para algúns é nova esta intención pero o asunto xa leva en marcha desde hai anos. Publicabámolo xa no mes de maio do ano 2016. Por un lado as políticas desenvolvidas pola Xunta impulsando a privatización do público, a inacción das institucións de ensino superior e, en xeral da sociedade galega, propiciaron que avanzara o proxecto e que apareza como unha realidade a moi curto prazo.

CUT - CRTVG. 1º e 2º día de folga

O seguimento da folga na CRTVG mobiliza case ao cen por cen do plantel

24 de decembro de 2018 | Fontes sindicais consultadas por Galicia Confidencial apuntaban un seguemento do 90% de traballadores e traballadoras da Corporación de Radio e Televisión de Galicia, nunha xornada de folga que motivou cambios na programación dos medios públicos galegos para o día de hoxe. “En seccións como deportes o seguimento foi do 100% por exemplo”, din as mesmas fontes.

DefendeaGalega

CRTVG. 31 venres negro. A loita continúa!

24 de decembro de 2018 | 31 semanas de mobilizacións e 31 semanas sen resposta. Pero seguimos no noso empeño de denunciar o que non se pode permitir nos medios públicos.‬ Reclamando unha radio e unha televisión de todas e de todos, sen máis tutelas que as do servizo á cidadanía.

CUT - Alternativas na Xustiza

A prepotencia de Alfonso Rueda durante a folga colapsa a xustiza galega

24 de decembro de 2018 | Farían falta dous anos e medio para dar saída aos casos atrasados, que aumentan máis dun 70%, segundo o Poder Xudicial. Ademais, hai máis de 20.000 sentenzas por resolver. A longa folga de funcionarios xudiciais, causa principal da saturación.

CUT

A CUT convocará folga de mulleres para o 8M

24 de decembro de 2018 | A Central Unitaria de Traballadoras e Traballadores (CUT) convocará folga de mulleres este 8 de marzo e así o puxo en coecemento do movemento feminista agrupado en 'Galegas 8M'. O sindicao anuncia que a convocatoria será a dunha greve de 24 horas cunha convocatoria legal "dirixida exclusivamente para as mulleres".

CUT

Congreso Xeral da Plataforma de Sindicatos de Nacións sen Estado

24 de decembro de 2018 | A Plataforma de Sindicatos de Nacións sen Estado celebrou o seu Congreso Xeral esta pasada fin de semana no Val D´Aosta. A CUT estivo presente por medio do seu responsábel de Internacional, Manolo Camaño, xunto ao resto dos sindicatos que integran a plataforma: LAB de Euskadi, SAVT da Aosta, CSS de Sardina, Intersindical CSC de Catalunya, SLB da Bretaña, STC de Córcega e UGTM de Martinica.

Mina de Touro O Pino NON!

As vacas, culpables da contaminación da contorna para a mineira de Touro

24 de decembro de 2018 | ADEGA, a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, ven de destapar que a empresa mineira Cobre San Rafael S. L. tenta xustificar os elevados niveis de metais tóxicos nos regos que drenan o complexo mineiro “culpabilizando ás explotacións gandeiras”.

Economia

Neoliberalismo, o caminho sombrio para o fascismo

19 de novembro de 2018 | O neoliberalismo como teoria económica sempre foi um absurdo. Tinha tanta validade quanto as ideologias dominantes do passado, como o direito divino dos reis ea crença fascista no Übermensch. Nenhuma das suas alardeadas promessas era remotamente possível.

Mina de Touro O Pino NON!

Reclaman imparcialidade á Valedora do Pobo na súa mediación sobre a mina de cobre de Touro

24 de decembro de 2018 | A Plataforma denuncia nun comunicado que “segundo se publicou na prensa, a Valedora decidiu abrir un expediente aceptando mediar na queixa interposta por persoas cercanas á empresa que pretende a reapertura e ampliación da mina de cobre, pola colocación das ditas pancartas na Praza de Abastos”.

Stop-Desafiuzamentos de Ferrol Terra

Defendendo o fogar

24 de decembro de 2018 | Esta guía pretende servir de axuda para un uso adecuado das solicitudes de medidas cautelares ao Comité DESC sobre suspensión de desafiuzamentos sen alternativa residencial. Desde o Grupo de Traballo da Coordinadora de Vivenda de Madrid sobre Medidas Cautelares, vimos facendo seguimento das solicitudes que coñecemos e contabilizamos polo menos 50 casos de suspensión vinculadas á PAH e ao movemento polo Dereito á Vivenda só entre xaneiro e novembro de 2018.

Lingua - O 17, día de Carvalho Calero

Tacto para fortalecer o contacto

24 de decembro de 2018 | Na parte final de 2003 produziu-se um curioso “contacto” entre a Real Academia Galega e a Associaçom Galega da Língua. Um pouco antes, no mês de julho do mesmo ano, fora aprovada o que se dera em chamar a “nova normativa” ou mesmo “normativa de concórdia” e o Portal Galego da Língua, dependente da AGAL, disponibilizou para a sua audiência o arquivo que continha aquelas famosas mudanças (de permitir Galiza ou de dar preferência a “ao” e à primeira forma do artigo).

Lingua - Prolingua

Crónica dunha reunión en Oviedo

24 de decembro de 2018 | Á reunión que onte se celebrou en Oviedo entre o Comité de Expertos do Consello de Europa e as organizacións galegas citadas ao acto acudiron Xosé Luís Regueira, polo ILG e pola RAG; Marcos Maceira, Elsa Quintas e Mónica Pazos pola Mesa pola Normalización Lingüística; Carlos Varela Aenlle por Abertal del Eo-Navia, e Xosé-Henrique Costas González por ProLingua.

Sanidade pública

Batas Brancas: "Para salvar ao SERGAS necesitamos directivos profesionais, non submisos aos políticos"

24 de decembro de 2018 | En opinión da Asociación Batas Brancas, a solución aos problemas do SERGAS non pasa por grupos de traballos -como os lanzados pola Consellería para tentar apagar a actual crise- senón por "dirixentes valentes, capaces, con coñecementos, respectados e innovadores e que, dese logo, non se rodeen só de persoas afíns, sumisas e pouco críticas".

Sanidade pública

Os xefes dos centros de Saúde de Vigo dimisionarios convocan unha manifestación “pola dignidade da Atención Primaria”

24 de decembro de 2018 | Dimitiron en bloque o pasado 10 de decembro ante os “límites insostíbeis” aos que os recortes e políticas do Sergas levaron a Atención Primaria, Eran 22 xefes de servizo e de unidade na área de Vigo e a decisión levou a primeiro plano, mesmo fóra de Galiza, a precarización do sistema sanitario galego nestes anos.

Opinión - Lucy Sombra

As xornaleiras marroquís de Huelva e a presunción de inxustiza

24 de decembro de 2018 | Do mesmo xeito que a presunción de inocencia (principio xurídico penal que establece a inocencia da persoa como regra) é un dereito fundamental, poderiamos pensar -tendo en conta do que está a pasar coas nosas compañeiras as xornaleiras de Huelva en particular e connosco as mulleres abusadas, agredidas, violadas e asasinadas en xeral- que non é nada disparatado falar dunha presunción de inxustiza nos tribunais da idem ata que se demostre o contrario.