• Número 417
  • 24 de decembro de 2018

EGAP - Formación

EGAP. Publicado o Plan de formación para o ano 2019

No plan contémplase ao persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do sistema universitario de Galicia

Despois da súa aprobación polo Consello Reitor o pasado 14 de decembro, a EGAP publicou no DOG do 21 de decembro o Plan de formación previsto para o ano 2019, que contén un total de 523 edicións formativas e 26.343 prazas.

O Plan de formación vai dirixido a:

o   O persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia

o   O persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia

o   O persoal ao servizo das entidades locais de Galicia

o   O persoal das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional

o   O persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do sistema universitario de Galicia

Así, este documento inclúe formación específica para o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional (FC), para o persoal ao servizo das entidades locais (LO), para o persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia (FX), para o persoal de administración e servizos (PAS) das universidades galegas (UN), e o portal de idiomas (PI), o plan formativo ofimático de Galicia (OF), e o programa de autoformación (AF), dirixido a todos os destinatarios mencionados anteriormente.

Cómpre destacar que o Plan ten unha función meramente informativa e que para acceder ás actividades reflectidas nel será preciso matricularse nas convocatorias que serán publicadas no DOG durante as próximas semanas