A CUT convocará folga de mulleres para o 8M

A Central Unitaria de Traballadoras e Traballadores
(CUT) convocará folga de mulleres este 8 de marzo e así o puxo en
coñecemento do movemento feminista agrupado en 'Galegas 8M'. O sindicato
anuncia que a convocatoria será a dunha greve de 24 horas cunha
convocatoria legal "dirixida exclusivamente para as mulleres".
Desde a Secretaría das Mulleres da CUT inciden na
necesidade de "fortalecer e pular polo feminismo de clase do país",
visibilizando "a loita das traballadoras do sector produtivo e
reprodutivo, as asalariadas e as que non".
Por último, a central sindical anuncia que a partir
da segunda quincena de xaneiro comezarán a socializarse os traballos que
o sindicato está a realizar para este 8M.
Piquete da CUT o 8M 2018, ano no que xa convocou folga de 24 horas
Piquete da CUT o 8M 2018, ano no que xa convocou folga de 24 horas