CRTVG. 31 venres negro. A loita continúa!

31 semanas de loita e non imos parar!
31 semanas de mobilizacións e 31 semanas sen
resposta. Pero seguimos no noso empeño de denunciar o que non se pode
permitir nos medios públicos. Reclamando unha radio e unha televisión de
todas e de todos, sen máis tutelas que as do servizo á cidadanía.
Manifestando que a cidadanía é a propietaria da radio e da
tele.
Non permitades que se use con criterios que non
sexan a pluralidade, a imparcialidade e o rigor. Reivindicando uns
medios públicos plurais e independentes ó servizo dos galegos e as
galegas.