• Número 417
  • 24 de decembro de 2018

Universidade

A voltas co control horario

Nunca aceptaremos que se discrimine ao PAS!

Parece que na USC a Xerencia impón o control horario, o xerente da UDC adoece por establecelo tamén. Periodicamente as universidades, polo menos as da nosa contorna, pretenden, mediante a “negociación” que o PAS aceptemos os controis horarios, iso si, con diferenzas, mentres que na USC parece que se implantará a PAS e PDI, na UDC nin se lles ocorre impoñer a mesma disposición, premen para que, de xeito “voluntario” o PAS acepte a medida, non vaia ser que se lles revelen @s PDI’s.

Porque o queren facer mediante esta fórmula, a da “negociación”, e non se atreven a proceder mediante a imposición?, moi fácil, porque hai un número relevante de sentenzas que establecen a ilegalidade dese procedemento. Como mostra de que non nos sacamos isto do peto, reproducimos un artigo xa publicado no PASquín e que aclara meridianamente a cuestión. Publicamos, tamén, a sentenza do Tribunal do Contencioso-Administrativo nº 7 de Valencia que iniciou o proceso.

Aproveitando a reivindicación do PAS, requirindo a recuperación da xornada de 35 horas, as universidades volven á carga, intentando conseguir, neste momento, o que é, para eles, unha vella aspiración.

Imos deixar clara, unha vez máis, a nosa posición ao respecto. Non imos asinar nunca un acordo que estableza e/ou afonde na discriminación do PAS respecto do PDI. Medidas coma as que estamos a debullar son un insulto para o colectivo