A nosa consideración do proceso establecido na USC para a regulamentación de xornada, horario… e control horario

Como todos os procedementos son exportables, e
diante da posibilidade de que o decisión adoptada en Compostela, poida
ser un camiño polo que opte a Xerencia da Universidade da Coruña,
queremos deixar claras certas consideracións polas que nós rexeitariamos
incluso a proposta, aínda que non viñese coa engádega do control
horario.
Puntos máis importantes que recolle a proposta
realizada pola Xerencia da USC e que, segundo o que coñecemos foi
aceptado na Mesa Xeral:
o Implantación
da xornada de 35 horas (34+1), todo o persoal ven obrigado a
realizar 40 horas de formación obrigatoria dentro da xornada laboral.
o Non recuperan totalmente a
xornada reducida que durante os meses de verán tiñan antes do
ano 2012
o Implántase
unha bolsa de 53 horas dispoñibles para a súa realización en
momentos en que a acumulación de traballo o faga necesario
o Establécese a flexibilidade
horaria, cunha parte fixa de 5 (9:00 a 14:00 horas en quenda de
mañá e de 16:00 a 21:00 horas en quenda de tarde). E con parte flexible
para o resto de horas até computar a xornada que se recuperaría segundo
o que se establece no documento.
o Establécese o horario
flexible por razóns de conciliación da vida familiar e laboral
segundo o establecido no
artigo 92 no Decreto lexislativo 2/2015, de 12 de febreiro, polo que se
aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma
de Galicia en materia de igualdade. Que é máis restritiva con
respecto á das traballadoras e traballadores da Xunta de Galiza.
Cal é a nosa consideración ao respecto.
o A nosa esixencia, así lla fixemos
chegar ao xerente é a reposición da xornada nos mesmos termos
que a que realizabamos antes da imposición realizada no ano 2012
o Non aceptamos, de ningún
xeito, a bolsa de horas, no seu día foi o eixo sobre o que
xirou a modificación do Convenio Colectivo porque, na práctica,
constatábase unha circunstancia discriminatoria ao ter que executalas,
exclusivamente, o persoal da área de Conserxería, abrindo sábados...
A todo o
sinalado temos que engadir que, de ningún xeito aceptariamos un
procedemento de control horario exclusivo para o PAS, nin que comezase a
aplicarse ao noso colectivo antes que ao PDI.