Congreso Xeral da Plataforma de Sindicatos de Nacións sen Estado

Aprobouse unha proposta de LAB para levar a plataforma a unha nova fase
A Plataforma de Sindicatos de Nacións sen Estado
celebrou o seu Congreso Xeral esta pasada fin de semana no Val D´Aosta.
A CUT estivo presente por medio do seu
responsábel de Internacional, Manolo Camaño, xunto ao resto dos
sindicatos que integran a plataforma: LAB de Euskadi,
SAVT da Aosta, CSS de
Sardina, Intersindical CSC de Catalunya, SLB
da Bretaña, STC de Córcega e UGTM de
Martinica.
Aprobouse unha proposta de LAB para
levar a plataforma a unha nova fase. A plataforma terá unha
nova persoa coordinadora xeral, labor que exercerá LAB, e unha persoa
encargada da coordinación en cada Estado. Para o caso do Estado español,
LAB propuso que fora a CUT, quedando pendente o acordo final.