A Xunta é mentirosa e clasista

A Xunta de Galicia e en particular a Dirección
Xeral tras as múltiples denuncias de AXG-CUT nos medios de comunicación,
as queixas d@s propi@s traballador@s, unha sentenza xudicial, que
recoñecía coma enfermidade laboral o SEE (síndrome de edificio enfermo),
tivo a desvergoña de dicir nun dos medios que recolleu a última
denuncia de AXG-CUT sobre o asunto, o seguinte:
"polo súa banda, fontes de
Vicepresidencia da Xunta de Galicia sinalaron a Europa Press que non
consta por escrito a solicitude do sindicato e que o edificio
xudicial do Couto é "intelixente" e cumpre con todos os requisitos",
avanzando que, unha vez conste dita petición "estudarase" a habilitación
de xanelas na edificación como se fixo noutras ocasiones procesos
similares" (Fonte: Galiciapress)
A indignidade da Xunta chega ao punto de negar a
existencia do escrito presentado por AXG-CUT en data 28/9/18 ante
a Xefatura Territorial de Ourense no que textualmente consta
"DESDE AXG-CUT ESIXIMOS tanto á Xefatura Provincial de Xustiza así como
á Xunta de Galicia a APERTURA URXENTE DE XANELAS que permita poñer
solución ao problema, polo contra desde AXG-CUT tomaremos as medidas
oportunas" (achegamos copia)
Para evitar que a Xunta minta de novo sobre os
síntomas que retiren os traballador@s enviamos resultado das enquisas
rea lizadas entre tod@s traballador@s do edificio xudicial do Couto.
SINTOMATOLOXÍA |
PORCENTAXE PERSOAL AFECTADA |
OLLOS SECOS |
78.78 % |
OLLOS ESCOZOR/PICOR |
62.87 % |
OLLOS LAGRIMEO |
38.63 % |
NARIZ TAPADO |
46.21% |
NARIZ SEQUEDADE |
68.11% |
GARGANTA SEQUEDADE |
70.45 % |
GARGANTA PICOR/ ESCOZOR |
56.85 % |
DOR DE CABEZA |
72.72 % |
DEBILIDADE |
34.09 % |
ALETARGAMENTO |
46.96 % |
Tamén aproveitaremos para mandarlle unha foto do
despacho do "afortunado maxistrado" no que se instalou a xanela e
preguntarlle se é o único punto do edificio (sería a primeira vez na
historia que pasa) onde existe o problema denunciado por AXG-CUT ou é
que a Xunta de Galicia é unha discriminadora cos seu propios empregados
e un ha clasista cos do CXPX.
DESDE AXG-CUT ESIXIMOS tanto á Xefatura
Provincial de Xustiza así como á Xunta de Galicia a APERTURA URXENTE DE
XANELAS que permita poñer solución ao problema
En Ourense ao 11 de decembro de 2018
NURIA FORNOS.
DELEGADA DE ALTERNATIVAS NA XUSTIZA-CUT