• Número 416
  • 17 de decembro de 2018

STOP Desafiuzamentos

“Elas quedan”: a mobilización logrou frear tres desafiuzamentos nun mesmo día en Madrid

Unha concentración durante toda a noite impediu que a policía fixese efectivo o desafiuzamento de Pepi en Lavapiés. Os activistas frearon tamén outros dous desafiuzamentos este venres.

Pepi queda, Jessica queda, Carmen queda: elas quedan! As activistas da PAH, colectivos solidarios e veciños lograron frear, mediante a mobilización, tres desafiuzamentos que ían producirse este venres en diferentes puntos da cidade de Madrid.

A medianoite o frío castigaba duro ao centenar de activistas que se agruparon para rodear de solidariedade a Pepi na rúa Argumosa 11. A imaxe da xornada dérona os cascos azuis das mulleres da PAH cos brazos entrelazados para impedir o desafiuzamento. Todo un símbolo de solidariedade popular. E conseguírono: á madrugada a policía tivo que anunciar que desistía da acción, debido á cantidade de xente presente; a orde suspendeuse ata novo aviso. É a quinta vez que se posterga este desafiuzamento, que xa é un caso testemuña no barrio de Lavapiés. Neste recuncho de Madrid, a xentrificación e a especulación inmobiliaria avanza esnaquizando a vida dos veciños como Pepi, unha muller viúva de 65 anos que xa non pode pagar o aluguer, inflado pola especulación do novo propietario do edificio. Pero a solidariedade e a acción colectiva tamén crece nas rúas de Madrid.

Pódeche interesar: Así non se pode vivir: récord histórico de desafiuzamentos no Estado español

Segundo datos feitos públicos polo Consello Xeral do Poder Xudicial, no terceiro trimestre deste ano, producíronse en España 11.547 novos desafiuzamentos, dos cales 3.404 son consecuencia de execucións hipotecarias, 7.518 de falta de pagamentos de aluguer e 625 por outras causas.

A Plataforma de Afectados polas Hipotecas (PAH) asegurou que “en total, de xaneiro a setembro de 2018, ambos incluídos, producíronse 44.606, e, dado que desde o Goberno, e a pesar da súa reiterada retórica respecto diso, non se adoptou medida algunha, poderiamos acabar o ano en cifras próximas ás maiores dos anos en crises, como as de 2013”.

“Con estes datos, que ratifican novamente as valoracións efectuadas pola PAH sobre a situación de emerxencia habitacional, as burbullas do aluguer e a compra de vivendas, das que xa alerta mesmo o FMI, a xente neste país enfróntase por unha banda á inacción do Goberno, que podería aprobar xa decretos que paliasen en parte os efectos da LAU do PP ou cumprindo cos seus compromisos internacionais en materia de Dereitos Humanos; pola contra, constatamos unha posición negativa do PSOE en relación coa Lei de Crédito Inmobiliario, branqueando ou moderando cláusulas xa declaradas abusivas polos tribunais como a importante do Vencemento Anticipado e excluíndo a dación en pago” afirmaron nun Comunicado desde a PAH.

Para terminar co drama dos desafiuzamentos fai falta xeneralizar a mobilización e afectar os intereses dos que todos os días nos expropian a vida, a vivenda e o futuro. Nacionalizar a banca e poñer a disposición das necesidades sociais miles de vivendas baleiras que teñen no seu poder os bancos, formar un parqué de alugueres sociais e impoñer impostos ás grandes fortunas e aos especuladores inmobiliarios son medidas de urxencia nese sentido. Para que non nos sigan roubando a vida.

http://www.izquierdadiario.es/Ellas-se-quedan-la-movilizacion-logro-frenar-tres-desahucios-en-un-mismo-dia-en-Madrid?id_rubrique=2653