• Número 416
  • 17 de decembro de 2018

Universidade

Reunión do Consello de Goberno e Consello Social

O proxecto de orzamentos non contará co noso apoio

Unha vez realizado o Claustro Universitario no que se marcan as liñas xerais de actuación institucional para o ano 2019, ponse en marcha a mecánica de aprobación do orzamento no que xa, teoricamente, se reflicten as liñas aprobadas.

O día 17 de decembro convocouse reunión da Comisión Permanente de Asuntos Económicos, Financeiros e Patrimoniais do Pleno do Consello Social. Posteriormente, o día 20 realizarase a reunión do Pleno do Consello Social. Como sinalamos ámbalas dúas reunións teñen como elemento máis transcendente o proxecto de orzamentos para o ano 2019 e o Plan Operativo Anual (POA). No medio desas dúas reunións realizarase outra do Consello de Goberno –o día 19- na que sen dúbida se dará o visto e prace ao dito orzamento.

Orde do día da reunión do Consello de Goberno do día 19 de decembro

Orde do día da Comisión Permanente de Asuntos Económicos, Financeiros e Patrimoniais do Pleno do Consello Social que terá lugar o día 17 de decembro

Orde do día do Pleno do Consello Social do 20 de decembro

Documentación:

Contratos e convenios setembro a decembro

Anteproxecto de Orzamentos 2019

Orzamento Consello Social 2019

Plan Operativo 2019

Como ocorre desde o ano 2014, ano no que se recortou a partida orzamentaria destinada á acción social, o proxecto de orzamentos non contará co noso apoio.