Reunión do xerente cunha representación de cada sindicato e agrupación electoral con presenza na Xunta de Persoal

O pasado xoves, día 13, convocad@s o día anterior
polo xerente, reunímonos unha representación de cada sindicato e
agrupación electoral con presenza na Xunta de Persoal coa Xerencia.
O xerente quería coñecer a posición de cada un dos
sindicatos arredor dos tres puntos que estaban enriba da mesa:
100% en caso de IT. Gratificación por xubilación e
Resolución xornada, horario de traballo, vacacións, e permisos e
licenzas
A representación de APA sinalamos:
Xa ao comezo da reunión que a nosa presenza tiña
exclusivamente como obxectivo escoitar as propostas da Xerencia, se as
houber, porque considerabamos que onde se debían debater e tomar
decisión sobre calquera cuestión era na Xunta de Persoal.
Sobre os temas obxecto do interese da Xerencia:
Insistimos no xa reclamado pola Xunta de Persoal, é
dicir, a retirada do parágrafo que establece:
“Cando o abono do subsidio da incapacidade temporal
(I.T.) sexa realizado directamente polo I.N.S.S., e non mediante pago
delegado, o persoal deberá solicitar ante a Xerencia o abono do
complemento da I.T, acompañada da resolución do I.N.S.S. na que se lle
recoñece o importe da prestación, aos efectos do cálculo polo Servizo de
Retribucións, Seguridade Social e Acción Social do referido
complemento.”
Unha vez consultado o Servizo de Retribucións
aclaróusenos que:
O pago directo faise en casos nos que @s
traballador@s superan os 12 meses de IT e pasa a ser o INSS o que fai o
pago do salario. Actualmente na Universidade ninguén ten que facer
ningunha xestión. Na nómina que recibe @ traballador@, detállase o soldo
que lle corresponde e réstaselle o que paga a Seguridade Social.
Sen facer a persoa interesada ningunha xestión.
O mesmo persoal do Servizo entende que ese texto
carece de sentido para o persoal que cobra do I.N.S.S.
A Xerencia, na mesma tarde da reunión,
modificou a instrución retirando o parágrafo
Aínda que o documento denomínase “Acordo entre o
reitor da Universidade da Coruña e a Xunta de Persoal de PAS para o
aboamento dunha gratificación por xubilación á idade legal, asi como
unha axuda familiar por falecemento e/ou incapacidade definitiva que
supoña a ruptura da prestación de servizos coa UDC e dunha axuda por
fillos/as do PAS con diversidade funcional igual ou superior ao 33%”,
onde apareceron as diferenzas é no apartado da gratificación ao vincular
o seu aboamento ao establecido nos respectivos plans de financiamento.
A circunstancia sinalada é inaceptable ao
establecer un condicionante que discrimina @s traballador@s en función
dun criterio que cambia cada certo tempo podendo supoñer unha clara
discriminación entre @s traballador@s en función do ano da súa
xubilación.
O xerente quedou en revisar e reconsiderar esta
cuestión. Urximos que proceda á maior brevidade para non danar as
espectativas d@s traballador@s en vías de se xubilar.
Resolución xornada, horario de traballo, vacacións, e permisos e
licenzas
Neste importante tema as posicións están moi
distanciadas ao negar a Xerencia a posibilidade de repoñer a xornada de
35 horas semanais, cuestión que poñemos como condición sine qua non para
abordar o debate sobre os outros aspectos que contempla a proposta de
resolución.
De momento, a Xerencia anunciou que, dada a
discrepancia, paraliza a resolución.