Resumo do Claustro Universitario do día 14

O pasado venres, día 14, realizouse o segunda reunión ordinaria do ano 2019 do máximo órgano de representación da universidade. Como punto central, e obrigado, da convocatoria, a orde do día establecía o debate e decisión sobre as Liñas xerais orzamentarias para o ano 2019.
Informe do reitor
O informe do reitor estendeuse por máis dunha
hora sen que nel figurase nin unha soa referencia ao PAS. Si mencionou,
de xeito obrigado, a noticia publicada nun medio de comunicación,
A UDC proxecta o maior parque tecnolóxico de Galicia na antiga
fábrica de armas da Coruña sinalou que o proxecto xa
estaba moi avanzado, incluso até o extremo de xa ter solicitado
financiamento ao
Intervención da representación do PAS
A marxinalidade que o noso colectivo
representa para o equipo de goberno reflíctese no informe do reitor no
que nin sequera nos menciona. Non vou a analizar esta cuestión, como as
actas reflicten o que realmente se expresa, o feito quedará aí para a
historia.
Aproveito a circunstancia para requirir ao
equipo de goberno e a Xerencia máis axilidade e achegamento ás posicións
que mantén a Xunta de Persoal nos temas pendentes de resolver, todos
eles de moita urxencia, máis tendo en conta que algún deles, cando
menos, preténdese que teña efecto retroactivo desde xaneiro de
2018.
Arredor da noticia aparecida hoxe na prensa
sinalar que si o proxecto está tan avanzado que xa se pediu financiación
ao IGAPE, sorprende, non que se publique a noticia senón que tardase
tanto en publicarse. O feito de que á Comunidade Universitaria non se
lle comunicase antes é unha afronta.
Resposta do reitor
Non se incluíu ao PAS no informe porque, como
ben se establece, as cuestións aínda están enriba da mesa e non hai nada
relevante que sinalar desde o último Claustro.
Sobre a falta de información, o reitor
compara a circunstancia ao feito que ocorre con certa frecuencia que se
produce cando na prensa se publica documentación das reunións do
Consello de Goberno...
Resposta da representación do PAS
Voulle dar un só exemplo de información
relevante que se produciu desde o último Claustro e que o mesmo feito si
se incluíu nas actuacións respecto do PDI: O DOG do 31 de agosto de 2018
publica a Oferta de Emprego Público do PAS. Non teño tempo para buscar
máis datos desta transcendencia, pero seguro que os hai.
Respecto da información a debate, o aparecido
hoxe na prensa é o contrario do exemplo que pon o reitor, no caso que
sinala o reitor trátase de información que coñece a representación da
Comunidade Universitaria e que se filtra. No caso en discusión trátase
de información que debendo ser coñecida por esa representación,
enterámonos pola prensa.
Liñas xerais orzamentarias para o ano 2019
Representación do PAS
Concordamos co sinalado polo vicerreitor, o
fondo estrutural é a columna vertebral que sustenta a actividade da
universidade permitindo á institución o desenvolvemento da súa función.
A universidade non pode comportarse como unha
empresa de servizos, cobrando aos alumnos a cantidade que corresponda
polos servizos prestados. A universidade compre unha función social e
esta función debe estar soportada por toda a sociedade.
Que o diñeiro non chegue non se debe a que o
interlocutor da universidade o faga mellor ou peor, sexa máis hábil ou
menos, a decisión de non outorgar o diñeiro necesario para o mantemento
das labores propias da universidade tal e como a coñecemos é unha
decisión política e quen adopta esta decisión está marcando o futuro da
institución universitaria.
Vou ler o documento que o colectivo
ao que represento preparou para responder ás liñas xerais orzamentarias
para o ano 2019.
Sorpréndenos que nun tan reducido parágrafo
de 5 liñas e pouco máis, se poidan determinar as liñas xerais de
actuación con respecto ao PAS. En todo caso do pouquísimo que se
contempla no punto 7 Evolución do PDI e PAS podemos entender que as
restricións económicas para o noso colectivo que levaron ao equipo de
goberno dirixido polo Sr. Armesto a recortar partidas orzamentarias tan
importantes para o PAS como a de acción social e formación, continuarán,
de feito constatámolo no anteproxecto de orzamentos para o ano 2019.
Neste capítulo lembrámoslle a este equipo de
goberno que desde os orzamentos do ano 2014 votamos en contra
reivindicando a recuperación do diñeiro destinado a eses dous aspectos
contemplados nos orzamentos de 2013. Tamén lle recordamos ao equipo de
goberno e aos sindicatos que no seu día acordamos esta posición que a
reivindicación da Mesa Sindical non quedaba reducida ao sinalado pois
reivindicabamos un incremento desta partida até chegar ao 1,5% da masa
salarial.
Por outra parte énchenos de incerteza o que
nese reducido parágrafo se contemple, unha frase como ”optimizar
recursos dispoñibles”, conceptos como o sinalado ou “flexibilidade”...
sabemos o que significan na neolíngua. Deducimos do reflectido que, a
pesar de que o equipo de goberno coñece a carencia de persoal que se
está a evidenciar tanto nos centros como nos servizos, o sr. reitor e as
persoas que o acompañan nas vicerreitorías e na Xerencia insisten no que
denominan contención do gasto neste capítulo o que significará máis
precarización da plantilla.
Requirimos ao equipo de goberno que aposte
pola estabilización dos postos de traballo con contratación precaria e
que se demostraron, na práctica, que satisfán necesidades estruturais.
Mentres que isto non ocorra
seguiremos a votar en contra.
Lembramos ás persoas que forman parte
do equipo de goberno que a Lei de
Orzamentos posibilita que as administracións que teñen unha taxa de
reposición do 100%, entre elas as universidades “Adicionalmente,
poderán dispor dunha taxa do 8 por cento destinada a aqueles
ámbitos ou sectores que requiran un reforzo de efectivos, sempre dentro
do marco da estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financeira”.
Esta posibilidade nunca foi barallada pola institución.
Por outra parte a mesma Lei de
Orzamentos, no seu Artigo 18, punto dous, contempla a
posibilidade dun incremento adicional de ate o 0,30% da masa
salarial para, entre outras cousas realizar a “implantación de
plans ou proxectos de mellora da produtividade ou a eficiencia, a
revisión de complementos específicos entre postos con funcións
equiparables, a homologación de complementos de destino ou a achega a
plans de pensións” que xa solicitamos á Xerencia pero que o Anteproxecto
de Orzamentos para o ano 2019 non contempla.
Resposta do vicerreitor
Este equipo de goberno está claramente
involucrado nas melloras sociais, se non se poden incrementar nos
orzamentos é polo límite establecido para a masa salarial.
A representación do PAS ausentouse durante a votación para mostrar o seu rexeitamento
Quenda aberta de intervencións
Non podemos rematar a nosa intervención sen
lembrar que a Universidade négase a incrementar o salario do persoal de
proxectos e convenios nas mesmas cantidades que as establecidas para o
PAS e o PDI e que se contemplan na Lei de Orzamentos Xerais do Estado
para 2018. Parécenos unha discriminación intolerable e un incumprimento
dunha lei que de non variar a posición da Institución se terá que
substanciar nos xulgados.
Requirimos que o equipo de goberno
reconsidere a posición adoptada e que proceda ao incremento sinalado.
Resposta do xerente
Leu esta mañá a demanda de conflito colectivo
presentada. A posición da Universidade, tal e como se reflicte na
demanda, é que a universidade non ten que facer fronte a eses
incrementos que se reclaman, de todos os xeitos o xuíz ditaminará e
cumprirase a sentenza.
A rreunión na páxina da Universidade. O 87% do Claustro aproba as Liñas Xerais Orzamentarias da UDC para o ano 2019