Radiografía dun colapso sanitario: “Os médicos marchan porque non podemos ofrecerlles contratos estables”

Os responsables dunha vintena de centros de
saúde de todo Vigo presentaron este martes a súa dimisión,
o cal foi definido polo alcalde da cidade como “unha crise sen
precedentes” e súmase á folga das urxencias.
Para Ángel Cameselle (CC.00), “a folga dos PAC
(servizos de urxencia) e a dimisión dos xefes de servizo de centros de
saúde vigueses teñen en común o deteriorio da asistencia, a pouca
cobertura das prazas e a incapacidade do Sergas de manter uns cadros de
persoal axeitados, chegando a atender un médico a 60 pacientes
nunha mañá”.
“O Sergas ten problemas que non son novos, nalgúns
casos levan unha década, noutros tres.Hai un deterioro da sanidade
pública, e non se crean plazas de especialistas como o de
pediatra. Tampouco se está a tratar de forma adecuada
aos profesionais, tendo médicos ben formados que non contratamos de
forma estable, e encima en precario”, denuncia.
PACs en pé de guerra/ Miguel Núñez
“E non é por falta de xente preparada, é de
prazas”, aclara: “Hai un recorte brutal. Con Touriño (durante o goberno
do tripartito) acordamos un plan de mellora da Atención Primaria para
incrementar o persoal da sanidade. Co PP cortouse iso, e nos
últimos anos de cada dez xuilacións só se cubriu una”.
Por outra banda, “o Sergas invirte cada ano
150 millóns entre o novo hospital Álvaro Cunqueiro e o concerto con
Povisa. A aposta é esa. A Concesionaria do Cunqueiro
cobra por todo. Privatizouse en Vigo todo o que se puido, e sorte que
algunha se parou a tempo. Hai una práctica deliberada de privatizar a
sanidade”.
Os xefes do servizo, ao marcharse, falaban de
dignidade e dun deterioro progresivo: “Pedimos una negociación para
poñer en marcha o plan de mellora anulado e recuperar o emprego
perdido”.
Panorámica do Hospital Álvaro Cunqueiro/Miguel Nuñez
Javier Martínez, de UGT, defende que é normal que
os xefes de servizo estén cabreados: “Teñen que comerse os ‘marróns’.
Son os primeiros que ten que facer a cobertura de substitucións, e non
hai substitutos”.
“O persoal foi menguando, ao só repoñer 10 de cada
100 xubilados. A política é recortar persoal, así que diminúe o
tempo de consultas e aumentan as listas de espera, que xeran
unha tensión incrible nos cidadáns. E cada vez que falta alguén ten que
atenderte outra persoa e anúlase a continuidade da atención, que é un
principio básico na sanidade. Os usuarios saltan de médico a médico, o
que xera aínda máis tensión”, relata.
“O xefe de servizo tamén ten a súa consulta, é un
compañeiro máis que leva a cabo as mesmas funcións e por riba
ten que dicirlle aos seus compañeiros o que impoñen desde arriba,
lamenta Martínez, “cando a atención primaria é a máis importante de
todas, os sistemas máis avanzados do mundo poténciana, porque serve para
previr, e, ao final, aforras”.
Hospital POVISA/ Miguel Núñez
“O primeiro que fixo Feijóo no seu
mandato foi suprimir todo isto, así temos agora ás urxencias en
folga. Porque se tes saturada a atención primaria, o primeiro que fai a
xente e ir a urxencias”, relaciona.
“De non existir problemas específicos, como a
gripe, as urxencias non deberían de colapsarse, pero están
saturadas permanentemente“, denuncia: “E se vas a urxencias
porque non teñen sitio na primaria tamén se perde o seguemento dos
pacientes. O sistema está mal, faltan recursos humanos”.
En canto ao Cunqueiro, Martínez
considera que “ao final vai custar moito máis que se o fixéramos
desde o público. Está máis que demostrado por multitude
de estudos que este sistema non funciona ben e o gasto se multiplica”.
“Estamos nunha situación precaria,
os médicos marchan porque non podemos ofrecerlles
contratos estables, e non hai solución, porque falta vontade. O
conflito non se produciu da noite á mañá”, lembra.
“Os políticos non están só para levar traxe, e
cando presentan os datos parece que estamos mellor que outras
comunidades, pero imos dos últimos. Se non fora polos traballadores, o
sistema tería rebentado hai tempo, pero resisten facendo o
traballo de varios, saíndo ás 4 en vez de ás 3, cargan as súas
costas para que o sistema funcione”, selou.
http://xornaldevigo.gal/vigo-e-contorna/13827-radiografia-dun-colapso-sanitario-os-medicos-marchan-porque-non-podemos-ofrecerlles-contratos-estables/