Orzamentos 2019. Seguen os recortes!

Como ocorre case todos os anos por estas datas,
entramos nunha vórtice de reunións cos orzamentos do ano seguinte en
discusión. Os orzamentos son un elemento fundamental no que se marcan as
pautas do comportamento económico que rexe e determina toda a actividade
institucional, a práctica totalidade, por non dicir todas as actuacións
da universidade, teñen compoñente económica e, polo tanto teñen a súa
referencia neste importante documento. Un documento que pasará,
un ano máis, sen pena nin gloria por todos os órganos colexiados, sendo
unicamente o colectivo de PAS o que marque a diferenza.
Dunha primeira análise, no que se refire ao PAS,
atopamos certas incoherencias, por exemplo:
o Unha redución moi importante e
incoherente, respecto do ano 2018, no orzamento destinado ás extras do
PAS
o Mentres que se sinala unha
importante redución en conceptos como “soldo laborais fixos” ou
“trienios laborais fixos”, esta mesma redución non se contempla no
capítulo de “extras laborais fixos” cando existe unha vinculación
directa entre estes conceptos.
o Se en anteriores orzamentos
protestabamos porque mentres que ao PDI si se lle aboaban
“gratificacións” e ao PAS non, agora atopámonos con que se reservan
2.000€ para este concepto no PAS. Teremos quen indagar para quen.
E tamén se repite o mesmo
recorte que en anos anteriores na acción social.
A todo isto temos que engadir que en ningún
capítulo se contempla o establecido na Lei de Orzamentos que posibilita
un incremento adicional do 0,30% da masa salarial
do que xa vos informamos
Por moito que se
presume publicamente do incremento orzamentario,
nas partidas máis importantes para o PAS non se reflicte ningún
incremento, salvo as migallas outorgadas por Rajoy e Feijoo. Se
persisten os recortes, a nosa posición será de rexeitamento frontal!