• Número 416
  • 17 de decembro de 2018

Sanidade pública

Os médicos xa non poden garantir a saúde da poboación

22 xefes de servizo de Atención Primaria da área de Vigo presentan a súa dimisión esgotados e sen motivación, e para non seguir sendo cómplices do deterioro

Saltan as alarmas no SERGAS. Nunca antes desde que o PP con Feijóo pisara o acelerador da destrución da sanidade pública galega, os médicos se tiñan pronunciado de xeito tan rotundo. Vinte e dous facultativos, xefes de servizo da área de Atención Primaria de Vigo, dixeron basta esta mesma tarde. Os médicos xa non poden garantir a saúde da poboación, alertan. Están sobrecargados de traballo, cansos, faltos de motivación (punto 1), fartos de denunciar a falta de persoal (punto 2), de denunciar as listas de espera inaceptábeis (punto 3), fartos da redución de gasto en atención primaria en paralelo ao aumento de gasto en atención hospitalaria (punto 4) e das condicións de traballo dos novos médicos (punto 5).

Non queren ser cómplices, manifestaron nunha rolda de prensa no Colexio Médico en Vigo. “Levan meses advertindo á Xerencia dos problemas en Atención Primaria”, di Manuel González, que acompañou aos colegas, el mesmo foi xefe de servizo hai anos. “Non lles fixeron caso. Son xente nalgúns casos con moitísimos anos de servizo e comprometidos coa sanidade pública, pero xa non aguantan máis… non soportan ver cousas como que se diga que non hai médicos nas listas cando ás convocatorias de oposición acoden por miles pero ninguén se preocupa de lle ofrecer a eses médicos unha condicións dignas. E fan falta, moita falta”, subliña Manuel González.

Os 22 xefes de servizo de Primaria, “o 80% dos cargos con esta responsabilidade na área de Vigo”, advirten, xa non desenvolverán mañá as tarefas de organización do servizo, que quedarán en mans da Xerencia. Irán traballar, presentarán o escrito de dimisión e desempeñarán as súas funcións asistenciais ordinarias. “Á organización do día a día, nunha situación xa de por si excepcional, sen substitutos sen persoal suficiente para cubrir todos os servizos, correrá a cargo da Xerencia… que profesionais deste rango, cun compromiso de décadas, dean este paso dá unha idea da magnitude do problema ao que nos enfrontamos no SERGAS pero que quizá non somos capaces de transmitir á cidadanía”, di o responsábel sindical. A saúde da poboación está en risco pola política de desmantelamento do aparato público asistencial, “e non queremos ser cómplices deste deterioro”, din os médicos que dimiten.

E no punto 4 do seu escrito, os profesionais dan unha idea precisa de cal é a estratexia do goberno da Xunta para cumprir o programa non expreso do Partido Popular, o que levan anos denunciando, pero non son quen de resumir… até hoxe, nunha acción precisa e contundente, que debería facer saltar dunha vez todas as alarmas silenciadas no sistema público sanitario. Cal é a maneira máis rápida de derrubar o sistema público de saúde? Empezando por abaixo, pola atención primaria, pola porta de entrada dos pacientes ao sistema, debilitándoa e abandonándoa [a través de mecanismos como esas listas de espera “inaceptábeis” para unha consulta ou unha proba hospitalaria]. A estrutura racha pola parte máis débil. Pero os médicos non queren ser sinalados como responsábeis do derrubo que xa se cobra vítimas. Por iso din basta. Non seremos cómplices. E lanzan unha voz de alarma a quen queira escoitar: xa non podemos facernos responsábeis da saúde da poboación, quedades en mans dos xerentes…

Este é o texto no que os médicos xustifican a súa renuncia:

«Los jefes de Servicio y Unidad de Atención Primaria de esta Área Sanitaria de Vigo, hemos manifestado reiteradamente ante la administración sanitaria, como Juna de Jefes de Servicio del Área, el progresivo deterioro de la asistencia sanitaria en Atención Primaria, que ha llegado a límites insostenibles.

Como profesionales denunciamos:

o   La sobrecarga asistencial a la que estamos sometidos, que conlleva el deterioro de la atención a los pacientes con repercusión en su salud. Un agotamiento y desmotivación de los profesionales sanitarios. Esto da lugar a la falta de fidelización de los jóvenes profesionales de la Salud Pública y jubilaciones anticipadas con gran experiencia.

o   La nula previsión de la falta de recambio profesional, que desde hace años era evidente, en especialidades como Medicina de Familia y Pediatría.
La dificultad de acceso a la atención hospitalaria de nuestros pacientes. Listas de espera para pruebas y consultas inaceptables, sin posibilidad de derivación urgente o preferente, siendo el Servicio de Urgencias Hospitalario la única puerta de entrada.

o   La utilización perversa de las nuevas tecnologías en la interconsulta que todavía dificulta más el acceso.

o   Que los Centros de Atención Primaria no cuentas desde hace años con planes estables de reposición de material ni de incorporación de nuevo aparataje. No dejamos de ver cómo los hospitales crecen en dotación y tecnología cara y sofisticada mientras la Atención Primaria carece de lo elemental. La actividad que antes se hacía en los hospitales y ahora se realiza en primaria, no ha ido acompañada de los recursos necesarios.

o   La ausencia de contrato eventuales estables, y las condiciones de trabajo deplorables para los jóvenes profesionales en la Sanidad Pública.

Consideramos que hasta aquí hemos llegado y no queremos ser cómplices de este deterioro. Tras exponer esta situación de forma reiterada al Xerente y Director de Asistencia de la EOXXI de Vigo, así como al Conselleiro, y ante la ausencia de cambios, hemos decidido los abajo firmante, presentar nuestra dimisión como Jefes de Servicio.»

https://adiante.gal/sanidade-publica/