Universidade

Orzamentos 2019. Seguen os recortes!
17 de decembro de 2018 | Como ocorre case todos os anos por estas datas, entramos nunha vórtice de reunións cos orzamentos do ano seguinte en discusión. Os orzamentos son un elemento fundamental no que se marcan as pautas do comportamento económico que rexe e determina toda a actividade institucional, a práctica totalidade, por non dicir todas as actuacións da universidade, teñen compoñente económica e, polo tanto teñen a súa referencia neste importante documento. Un documento que pasará, un ano máis, sen pena nin gloria por todos os órganos colexiados, sendo unicamente o colectivo de PAS o que marque a diferenza.
Universidade

Reunión do xerente cunha representación de cada sindicato e agrupación electoral con presenza na Xunta de Persoal
17 de decembro de 2018 | O pasado xoves, día 13, convocad@s o día anterior polo xerente, reunímonos unha representación de cada sindicato e agrupación electoral con presenza na Xunta de Persoal coa Xerencia.
Universidade

Resumo do Claustro Universitario realizado o día 14
17 de decembro de 2018 | O pasado venres, día 14, realizouse o segunda reunión ordinaria do ano 2019 do máximo órgano de representación da universidade. Como punto central, e obrigado, da convocatoria, a orde do día establecía o debate e decisión sobre as Liñas xerais orzamentarias para o ano 2019.
Universidade

Reunión do Consello de Goberno e Consello Social
17 de decembro de 2018 | Unha vez realizado o Claustro Universitario no que se marcan as liñas xerais de actuación institucional para o ano 2019, ponse en marcha a mecánica de aprobación do orzamento no que xa, teoricamente, se reflicten as liñas aprobadas.
Universidade

Máis de 8.100 persoas participan nos referendos sobre a monarquía nas universidades galegas
17 de decembro de 2018 | Máis de 6.500 persoas participaron este mércores nos referendos sobre a monarquía organizados en varios campus das tres universidades galegas, uníndose así á vaga de consultas que se están a organizar en todo o Estado e que se levaron a cabo xa en diferentes localidades.
Universidade

APA NON abrirá o seu local no CUR este luns
17 de decembro de 2018 | O luns, 17 de decembro estamos convocad@s a unha reunión da Comisión Permanente de Asuntos Económicos, Financeiros e Patrimoniais do Pleno do Consello Social da UDC. Por coincidir o horario da xuntanza co de apertura do local vémonos na obriga de suspender a apertura do espazo que temos asignado no CUR.
UVIGO

A Universidade de Vigo aproba a Oferta de Emprego Público de 2018
17 de decembro de 2018 | O Consello de Goberno da UVIGO, realizado o pasado día 12 aprobou a Oferta de Emprego Público do ano 2018. Trasladámosvos a información que @s compañeir@s desa universidade nos enviaron.
Administración pública

Publicación do acordo para a ampliación do permiso de paternidade a 16 semanas e aplicación da bolsa de horas para a conciliación
17 de decembro de 2018 | Resolución do 22 de novembro de 2018, da Secretaría de Estado de Función Pública, pola que se publican os acordos para a ampliación do permiso de paternidade a dezaseis semanas e para a ampliación da bolsa de horas, prevista na disposición adicional centésima cudraxésima cuarta da lei 6/2018, do 3 de xullo, de PXE.
CUT - Alternativas na Xustiza

A Xunta é mentirosa e clasista
19 de novembro de 2018 | A Xunta de Galicia e en particular a Dirección Xeral tras as múltiples denuncias de AXG-CUT nos medios de comunicación, as queixas d@s propi@s traballador@s, unha sentenza xudicial, que recoñecía coma enfermidade laboral o SEE (síndrome de edificio enfermo), tivo a desvergoña de dicir nun dos medios que recolleu a última denuncia de AXG-CUT sobre o asunto, o seguinte:
CUT

A CUT irrompe con forza nos Servizos Centrais da Xunta
17 de decembro de 2018 | A CUT entra con forza no comité de empresa de todas as consellerías dos servizos centrais da Xunta de Galiza tralas eleccións para o persoal laboral celebradas hoxe en San Caetano e San Lázaro. A candidatura da CUT ao colexio de Técnicos e Administrativos, malia ser a primeira vez que optaba a ese comité, obtivo 3 delegadas, as mesmas que a CIG e o CSIF, e por riba da UXT, que obtivo 2 representantes, nun proceso no que CCOO logrou 5 electos nese colexio conformado por 16 delegados e delegadas.
DefendeaGalega

Feijóo despreza a un traballador de RTVE
17 de decembro de 2018 | O presidente do goberno galego négase a responder a un profesional de RTVE tras preguntarlle sobre as protestas dos medios públicos galegos.
CUT - CRTVG

O trixésimo venres negro intenta que Feijóo se pronuncie persoalmente sobre o deterioro da CRTVG
19 de novembro de 2018 | O persoal mobilizado na CRTVG contra a manipulación informativa e o deterioro dos medios públicos de Galicia está a facer xirar este trixésimo venres negro de protesta arredor da figura do propio presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, do que intentan que se pronuncie persoalmente sobre o conflito.
Sanidade pública

Os médicos xa non poden garantir a saúde da poboación
17 de decembro de 2018 | Saltan as alarmas no SERGAS. Nunca antes desde que o PP con Feijóo pisara o acelerador da destrución da sanidade pública galega, os médicos se tiñan pronunciado de xeito tan rotundo. Vinte e dous facultativos, xefes de servizo da área de Atención Primaria de Vigo, dixeron basta esta mesma tarde.
Sanidade pública

Pacientes apoian ós xefes dos centros de saúde que dimitiron como protesta: "Tiñan que facelo antes"
17 de decembro de 2018 | Os centros de saúde da área de Vigo, cuxos responsables presentaron este martes a súa dimisión (sobre unha vintena) funcionan con "normalidade", unha situación que só se viu alterada pola folga de médicos convocada polo sindicato O'MEGA.
Sanidade pública

Radiografía dun colapso sanitario: “Os médicos marchan porque non podemos ofrecerlles contratos estables”
17 de decembro de 2018 | As urxencias está en folga e xefes de persoal de centros de atención primaria de todo Vigo veñen de presentar a súa dimisión. A calidade asistencial da sanidade pública, en perigo.
Sanidade pública

A plataforma ‘SOS Sanidade Pública’, vetada pola Xerencia do Hospital de Santiago
17 de decembro de 2018 | A Plataforma SOS Sanidade Pública de Compostela denunciou, a través dun comunicado de prensa, a “nula resposta” por parte da Xerencia de Xestión Integrada de Compostela e a Consellaría de Sanidade, ao requerimento feito en tres ocasións para manter unha xuntanza en relación aos problemas fundamentais da Sanidade Pública de Compostela e a súa comarca.
Administración pública

Calendario de días inhábiles a efectos de cómputo de prazos na AXE 2019
17 de decembro de 2018 | Resolución do 29 de novembro de 2018, da Secretaría de Estado de Función Pública, pola que se establece a efectos de cómputo de prazos, o calendario de días inhábiles no ámbito da Administración Xeral do Estado para o ano 2019.
Rede para o Decrecemento

A Rede para o Decrecemento comeza a organizar-se en Ferrol
17 de decembro de 2018 | A Rede de Decrecemento comeza a organizar-se en Ferrol e ten previsto impulsar campañas de concienciación - A súa primeira Asemblea terá lugar o venres 21 deste mes de decembro, ás 19:30hs no Ateneo Ferrolán, convocada pola executiva.
ODS COIA

"Fagamos da RISGA un verdadeiro dereito" inicia a súa andaina
17 de decembro de 2018 | Coincidindo coa conmemoración do Día Internacional dos Dereitos Humanos, e ante a vindeira aprobación definitiva pola Xunta de Galicia do decreto da RISGA, organizacións sociais e políticas de Galicia convocamos roldas de prensa informativas simultáneas en tres cidades para presentar a campaña "Fagamos da RISGA un verdadeiro dereito". Compostela, A Coruña e Vigo foron os puntos onde celebramos roldas de prensa simultáneas diante das dependencias da Xunta de Galicia.
Lingua

“Estamos historicamente demasiado afeitos a que fagam chança com um por falar em galego, tanto que o vemos quase normal”
17 de decembro de 2018 | Miguel Rodríguez Carnota é professor de ensino secundário e linguista. Acredita que Galiza deve fazer o mesmo que muitas naçons fixeram antes: recuperar sua independência e avançar no mundo. Foi coautor do método de lectoescritura Chirlo Merlo (Ir Indo, 1991), concelheiro do BNG em Paderne entre 1999 e 2011, e hoje em dia é membro da Junta Diretiva da “Asociación Cultural Roxín Roxal”.
Lingua - A Mesa Pola Normalización Lingüística

A Mesa advirte da vulneración dos dereitos lingüísticos en Galiza ao Comité de Expertos do Consello de Europa
17 de decembro de 2018 | A Mesa pola Normalización Lingüística participou onte pola tarde na sede do Real Instituto de Estudios Asturianos (RIDEA), en Oviedo, nun encontro co comité de expertos do Consello de Europa que avalía o cumprimento da Carta Europea das linguas rexionais e minorizadas por parte das institucións españolas.
CARTAS QUE RECIBIMOS

As vosas colaboracións
17 de decembro de 2018 | Espazo aberto á vosa participación
Universidade

Últimas convocatorias nas Universidades da Coruña, Santiago e Vigo
17 de decembro de 2018
Represión

Xornalista de La Haine denunciará a axentes de policía por unha "montaxe" para encarceralo (vídeo)
17 de decembro de 2018 | O pasado 14 de novembro, o xornalista Boro LH, de La Haine e Kaosenlared, recibía a noticia da súa libre absolución, no proceso que se abriu contra el trala súa detención nunha manifestación de "Xaque ao Rey", o 29 de marzo de 2014.
STOP Desafiuzamentos

“Elas quedan”: a mobilización logrou frear tres desafiuzamentos nun mesmo día en Madrid
17 de decembro de 2018 | Unha concentración durante toda a noite impediu que a policía fixese efectivo o desafiuzamento de Pepi en Lavapiés. Os activistas frearon tamén outros dous desafiuzamentos este venres.
Opinión - Paula Chaves

A violencia cotiá
17 de decembro de 2018 | Que cousas... Estabas tan contenta cando empezou todo… O primeiro mes levabas a túa alegría en silencio, pero en canto aquilo se formalizou empezaches a contarllo a todo o mundo: á túa familia, aos teus amigos… Espertábaste pola mañá con certa alegría, con certo propósito. E agora... Agora que? Canto tempo fai que non ves aos teus amigos? Non é porque non queiras, é que non tes tempo.