XORNADAS DE LOITA POLA SANIDADE PÚBLICA, 10 de decembro 2018. Día Mundial dos Dereitos Humanos

A Coordinadora Estatal de Mareas Brancas, no
cumprimento das accións consensuadas na nosa VIIIª Asamblea, facemos
unha XORNADA DE LOITA CONTRA AS LISTAS DE ESPERA E A MERCANTILIZACIÓN DA
SAÚDE.
Animamos a todas as persoas que rexeitaron ser
derivadas á sanidade privada para intervencións ou probas diagnósticas,
ou estean en espera dunha proba ou intervención, a que veñan connosco
cunha copia da carta que lles enviou o Sergas onde pon que, por ter
rexeitado a atención na privada, se pecha o seu expediente, quedando no
limbo… E a Xunta non di en que lista están estas persoas.
Anímate e acode!
Se rexeitas unha sanidade privada, acode a apoiar!
Por unha sanidade 100 % pública
Queremos saber en que lista estamos
AS LISTAS DE ESPERA MATAN
POR QUE? Porque as listas de esperan matan, agravan
patoloxías e discriminan ás persoas máis vulnerables. Nelas non existe
igualdade, equidade nin calidade na asistencia médica.
A Coordinadora Antiprivatización da Sanidade
Pública (A Coruña) (Mareas Brancas) acusa ao SERGAS de maltrato
institucional a todas aquelas persoas que rexeitan operarse en centros
privados, e de ocultalas en listas de espera non estruturais, opacas e
sen control cidadán de ningún tipo.
Devandito colectivo non aparece en ningunha
estatística oficial, xerando unha situación de incerteza no paciente
ante a falta de expectativa da espera prevista, vulnerando o Art. 4 do
Real Decreto 605/2003, de 23 de maio, polo que se establecen medidas
para o tratamento homoxéneo da información sobre as listas de espera no
Sistema Nacional de Saúde
O goberno de Feijóo, para “reducir” as listas de
espera, acode a hospitais privados, deixando o noso sistema público
desprovisto de persoal e medios, como están denunciando as traballadoras
e traballadores de urxencias do CHUS en folga e do persoal dos PACs.
A este goberno do PP non lle importa a saúde dos
galegos e as galegas, só lles importa os petos das clínicas privadas.
Para eles a saúde é un mero negocio, todo o someten aos intereses do
mercado.