29 venres negro na CRTVG

@s traballador@s defenden, teimudamente, uns medios de comunicación públicos sen inxerencias políticas
No 29 venres negro as traballadoras e traballadores
da CRTVG, demostran, unha semana máis o seu compromiso co servizo
público, cuns medios de comunicación públicos que
difundan e afonden, sen manipulación, nos conflitos que
afectan á sociedade galega.
Denuncian, tamén, o desmantelamento
que empeora os contidos, a desaparición da información local, a
manipulación informativa. Maniféstanse ademais contra a política do medo
que aplica a empresa abrindo expedientes a compañeiras e compañeiros que
participan nas mobilizacións. Teñen todo o noso recoñecemento, apoio e
solidariedade.