• Número 415
  • 10 de decembro de 2018

Universidade de Santiago de Compostela

Protestas pola precariedade da USC e peche dos alumnos de Traballo Social

Estudantes de distintos ámbitos levaron a cabo accións de protesta nas últimas semanas para reclamar melloras nas súas condicións de estudo

Un grupo de alumnos interrompeu de maneira pacífica o Claustro Universitario para denunciar a precariedade da institución. A privatización dos espazos, a falta de docentes ou as instalacións en situación de abandono son algunhas das cuestións que motivaron as protestas de este grupo de estudantes. Os berros conseguiron facer ao reitor saír do Claustro, que se celbraba en dereito, e provocaron alteracións salientables na xornada lectiva de dita facultade. As estudantes estiveron berrando consignas tales como “Ensino público, de calidade e digno” e “Non queremos! Non nos interesa! Que a USC, sexa unha empresa”.

Os estudantes denuncian situacións como edificios en situación de abandono, falta significativa de profesorado,  nula accesibilidade e pouca conectividade nas aulas… as queixas xa foran plantexadas anteriormente sen recibir resposta por parte da administración ”Levábamos moito tempo esixindo respostas, especialmente pola falta de docentes, que é especialmente preocupante, mais agora a privatización dos aparcadoiros públicos foi a gota que colmou o vaso, non podemos seguir aguantando esta indiferenza. Aproveitamos o acto para pór en boca outras reclamacións que viñan sendo necesarias desde fai tempo tamén”.

Peche en Traballo social

Por outra banda alumnos da facultade de traballo social de Santiago de Compostela mantiveron un peche na mesma facultade, para amosar, de forma simbólica a súa unidade. Os estudantes reclaman principalmente a desprivatización do grao e a inclusión do mesmo na USC debido aos altos prezos e a carencia de instalacións.

Durante o peche mantivéronse diversas actividades como o desenvolvemento dunha asemblea estudantil na que se continuou reivindicando e buscando vías de loita para acadar unha universidade pública ao alcance de todas.

http://lindeiros.gal/protestas-pola-precariedade-da-usc-e-peche-dos-alumnos-de-traballo-social/