A universidade négase a incrementar o salario d@s traballador@s de proxectos, convenios... segundo o establecido nos Orzamentos 2018

Mentres que o persoal funcionario –PDI e PAS- e o
persoal laboral -PDI e PAS- incrementamos as nosas retribucións segundo
o establecido na
Lei de Orzamentos 2018, é dicir, o 1,5 por cento respecto ás vixentes en 31
de decembro de 2017, e, posteriormente, con efectos do 1 de xullo de
2018, outro 0,25 por cento de incremento salarial – o que supón un
incremento de 1,625% en termo anual- a universidade, négalles este
incremento @s traballador@s que contratadas ao abeiro do Capítulo VI
pertencen a proxectos e convenios, e que carecen de convenio colectivo.
A circunstancia antes descrita pon de manifesto:
o A necesidade de auto organización
existente neste cada vez máis importante colectivo de traballador@s
o A precariedade laboral coa que
desenvolven as súas labores na universidade
o O desinterese institucional que,
sempre lista en salientar a súa labor investigadora e os seus logros, marxina @s
traballador@s que os fan posible.
Requiriremos, en tódolos ámbitos nos que estamos
presentes, non só a aplicación do establecido na Lei de Orzamentos a
est@s traballador@s. Tamén reivindicaremos que est@s compañeir@s gocen
dos mesmos dereitos laborais, económicos e sociais que se nos recoñecen
ao resto d@s traballador@s da institución.