Confederación Estatal de Sindicatos Médicos denuncia o uso de internos para cubrir aos PAC

O CESM denunciou que o SERGAS está a
utilizar médicos internos residentes que aínda non concluíron a súa
formación para cubrir as baixas dos PAC na área de Vigo. Así o fixo
saber Antonio Otero, secretario xeral do organismo, que considera que
esta é “a proba máis evidente do fracaso na xestión da Atención Primaria
en Galicia”.
Otero considera que tanto a situación de
precariedade xeral que vén arrastrando a Atención Primaria en Galicia
desde hai unha década, como en particular a dos PAC “é o
resultado de unha xestión mediocre, máis preocupada por facer
méritos políticos cun aforro económico, que mirando pola permanente
mellora da calidade asistencial”.
O portavoz destaca que estes médicos residentes
teñen un contrato de formación, impedindo así ser utilizados como “man
de obra para tapar problemas de xestión”, ademais de que, estes
profesionais, teñen “dereito a recibir unha tutorización continua e
progresivamente decreciente durante todo o seu período formativo,
como marca a lei”, tachando de “banalización” que fai o SERGAS con
respecto ás súas prácticas.
Otero afirma que “a política de parches
non resultou, porque non é normal que os facultativos teñan as
consultas desbordadas, traballen días que libran ou anden tapando ocos
onde se producen baixas imprevistas, á conta doutra PAC medianamente
dotados”. Á súa vez, o portavoz sinala á Xunta como a principal
culpable pola pasividade manifesta das institucións a pesar das
reiteradas advertencias dos sindicatos.
O Secretario Xeral afirma que a día de hoxe os
profesionais sanitarios viven sumidos na precariedade laboral por culpa
de “axendas interminables, intersustituciones e gardas dobradas
exponse outras especialidades para comezar a súa carreira”, lamenta
o portavoz.
https://gal.galiciapress.es/texto-diario/mostrar/1272928/cesm-denuncia-internos-cubrir-aos-pac