• Número 415
  • 10 de decembro de 2018

Marchas da Dignidade

Manifestación contra a mina de Touro- O Pino. Galiza é unha ferida aberta

Queremos unha terra limpa, tamén o aire e o mar

"Non é Galiza, non, é unha ferida aberta, sempre en rosa de cen follas". Co poema de Taramancos comezaba Mónica Caamaño a súa intervención o pasado sábado na marcha en Touro organizada por Plataforma Galega das Marchas da Dignidade.

Queremos unha terra limpa, tamén o aire e o mar. Queremos que os recursos para producir enerxía ou minerais sexan para o beneficio da xente e respectando a natureza, non para encher os petos de accionistas que tributan en paraisos fiscais.

Emprego si, pero para perdurar no tempo, non para facer bo o refrán de "pan para hoxe, fame para mañán".