• Número 415
  • 10 de decembro de 2018

Universidade

Día 14, reunión do Claustro Universitario

10 de decembro de 2018 | O día 14 estamos convocad@s a unha nova reunión do Claustro Universitario, o segundo que se realiza no ano e, sen dúbida, o último que se realizará antes das novas eleccións que terán lugar a principios do ano 2019. Como sempre facemos, aproveitaremos a circunstancia para transmitir ao resto da Comunidade Universitaria as cuestións de interese para o PAS.

Universidade

A universidade négase a incrementar o salario d@s traballador@s de proxectos, convenios... segundo o establecido nos Orzamentos 2018

10 de decembro de 2018 |Mentres que o persoal funcionario –PDI e PAS- e o persoal laboral -PDI e PAS- incrementamos as nosas retribucións segundo o establecido na Lei de Orzamentos 2018, é dicir, o 1,5 por cento respecto ás vixentes en 31 de decembro de 2017, e, posteriormente, con efectos do 1 de xullo de 2018, outro 0,25 por cento de incremento salarial...

Universidade

A novidade

10 de decembro de 2018 | O venres, 30 de novembro, todo o PAS recibimos un correo electrónico que baixo o título de “Campaña de concienciación sobre seguridade informática: I Cambio do fondo de escritorio con recomendacións”, comunicaba que desde o día 1 de decembro, @s usuari@s que se conectasen ao dominio: “os equipos de case tódolos PAS, as aulas e os Escritorios Remotos. Así ó iniciar sesión no dominio imos ver por debaixo das iconas imaxes con mensaxes de recomendacións de seguridade”.

Universidade

A EGAP convoca curso monográfico sobre protección de datos e ciberseguridade dirixido ao persoal das universidades

10 de decembro de 2018 | No DOG do venres, día 7 de decembro publícase a convocatoria realizada pola Escola Galega de Administración Pública do curso monográfico Protección de datos e ciberseguridade, dirixido ao persoal empregado público das universidades do Sistema universitario de Galicia en situación de servizo activo ou asimilada.

Universidade

Referendo sobre a monarquía na UDC

10 de decembro de 2018 | As asembleas realizadas o pasado día 29 de novembro na Coruña, e o 4 de decembro en Ferrol decidiron que a votación realizarase o vindeiro día 12. Xuntamos cartel e papeleta de votación.

Universidade

APA abrirá o seu local no CUR este luns de 19 a 21 horas

10 de decembro de 2018 | Como facemos desde o luns, día 8 de xuño de 2015 a Alternativa de PAS Asemblearia manterá aberto o local que se lle asignou no Centro Universitario de Riazor (CUR), este luns desde as 19 até as 21 horas. Abrimos o local coa finalidade de recibir ás traballadoras e traballadores que desexen comunicarse con nós.

CUT - Alternativas na Xustiza

Alternativas na Xustiza-CUT informa:

10 de decembro de 2018 | No día de onte, 3 de decembro, celebrouse o xuízo contra delegados sindicais da Coruña (entre eles, Javier, delegado sindical de AXG-CUT no momento dos feitos) como consecuencia da represión durante a folga na xustiza galega no xulgado de Instrucción número 8 da Coruña.

Universidade

A subtil privatizaçom da universidade

10 de decembro de 2018 | O verao parece alongar-se cada ano na Galiza, porém, o estudantado galego semelha chegar antes ás aulas com cada novo curso. Nos inícios de setembro, milhares de estudantes enchem as ruas compostelanas, mas ainda que parece que a situaçom dentro da USC é igual para todas, há umha realidade subjacente menos alegre, a da privatizaçom, mercantilizaçom, perda de autonomia e venda da universidade, que cada ano fai que algumhas tenham que cancelar os seus estudos por falta de dinheiro e de ajudas económicas.

CUT - CRTVG

29 venres negro na CRTVG

10 de decembro de 2018 | No 29 venres negro as traballadoras e traballadores da CRTVG, demostran, unha semana máis o seu compromiso co servizo público, cuns medios de comunicación públicos que difundan e afonden, sen manipulación, nos conflitos que afectan á sociedade galega.

CUT - CRTVG

Persoal da CRTVG levará a protesta ao Parlamento na folga do 19 de decembro

19 de novembro de 2018 | Logo dos exitosos paros parciais dos últimos días, persoal da CRTVG prepara xa a próxima gran mobilización, que consistirá nunha folga de 24 horas o vindeiro 19 de decembro, así como unha concentración ante o Parlamento galego e unha manifestación que percorrerá o centro de Santiago. Será a xornada clave dunhas protestas que suman xa varios días desde que se convocara o primeiro paro e que se unen aos venres negros, que superaron a pasada semana os seis meses de reivindicacións de loito "contra a manipulación" e polo cumprimento da Lei de Medios.

Sanidade pública

A vida tiña un prezo

10 de decembro de 2018 | En canto valoramos unha vida? Falo de pasta, eh? En canto? En canto valoramos, por exemplo, un ano de vida? Dariamos –non sei– medio millón de euros por ter alguén querido con nós doce meses máis? Calquera que se vise nese caso diríavos que si e seguro que se tivese eses cartos –porque non todo o mundo garda medio millón de euros baixo o colchón para un imprevisto–, gastaríaos niso sen dubidalo.

Coordinadora Anti privatización da Sanidade Pública – A Coruña

XORNADAS DE LOITA POLA SANIDADE PÚBLICA, 10 de decembro 2018. Día Mundial dos Dereitos Humanos

10 de decembro de 2018 | A Coordinadora Estatal de Mareas Brancas, no cumprimento das accións consensuadas na nosa VIIIª Asamblea, facemos unha XORNADA DE LOITA CONTRA AS LISTAS DE ESPERA E A MERCANTILIZACIÓN DA SAÚDE.

Sanidade pública

O persoal do Hospital de Santiago planta cara á Xunta polos recortes

10 de decembro de 2018 | Continua así a folga indefinida do persoal de Urxencias do Clínico, que xa levan un ano pelexando por máis persoal e porque non queden espazos inutilizados tendo problemas de sobreaforo. Tras non chegar a acordo coa Xerencia, teñen convocada unha folga de 24 horas para o 19 de decembro e unha manifestación xeral en xaneiro.

Galiza Contrainfo

Quarto aniversário do assassinato de Jimmy (A Corunha, 30.11.2018)

10 de decembro de 2018 | Mais um ano homenageamos a memória do seareiro desportivista Jimmy, assassinado impunemente por membros do grupo neonazi Frente Atlético.

Loita social

A protesta máis luminosa no pleno do Concello de Vigo

10 de decembro de 2018 | Juan Carollo, activista do colectivo “Acampada contra a pobreza”, irrumpiu no pasado pleno do Concello de Vigo vestido con luces de nadal para denunciar o gasto do Alcalde Abel Caballero en decoración de nadal cando moitas familias viven na pobreza. A cidade de Vigo é a cidade galega con unha maior tasa de poboación en risco de pobreza, un 21%, segundo datos do Instituto Nacional de Estatística.

CUT

Presentación da campaña "Fagamos da RISGA un verdadeiro dereito"

10 de decembro de 2018 | Coincidindo coa conmemoración do Día Internacional dos Dereitos Humanos e ante a próxima aprobación definitiva, pola Xunta de Galicia do decreto da RISGA organizacións sociais e políticas de Galicia convocamos roldas de prensa informativas simultáneas en tres cidades para presentar a campaña "Fagamos da RISGA un verdadeiro dereito".

Oficina de Dereitos Sociais Coia

Por que as pobres non queren traballar?

10 de decembro de 2018 | Cantas veces temos escoitado que “as persoas que cobran axudas viven moi ben e que por iso non queren traballar”. Do mesmo xeito, canta veces teñen dito cargos políticos de diferente cor que “a mellor política social é o emprego”.

Marchas da Dignidade

Manifestación contra a mina de Touro- O Pino. Galiza é unha ferida aberta

10 de decembro de 2018 | "Non é Galiza, non, é unha ferida aberta, sempre en rosa de cen follas". Co poema de Taramancos comezaba Mónica Caamaño a súa intervención o pasado sábado na marcha en Touro organizada por Plataforma Galega das Marchas da Dignidade.

Loita social

As brigadas deseucaliptizadoras suman xa máis de 350 brigadistas

10 de decembro de 2018 | As Brigadas Deseucaliptizadoras naceron en abril deste ano cunha idea clara: “Chegou a hora de dicir “basta” e botarse ao monte para tomalo e transformalo”. As Brigadas defínense a elas propias como “una iniciativa de voluntariado ambiental para recuperar a biodiversidade e combater a eucaliptización de Galiza”. Impulsadas desde Verdegaia, están abertas a que se sumen outras persoas e coletivos.

Universidade de Santiago de Compostela

Protestas pola precariedade da USC e peche dos alumnos de Traballo Social

10 de decembro de 2018 | Un grupo de alumnos interrompeu de maneira pacífica o Claustro Universitario para denunciar a precariedade da institución. A privatización dos espazos, a falta de docentes ou as instalacións en situación de abandono son algunhas das cuestións que motivaron as protestas de este grupo de estudantes.

Desemprego

O paro rexistrado sobe en Galiza por cuarto mes consecutivo mentres baixa no Estado

10 de decembro de 2018 | O paro rexistrado de novembro sitúase en Galiza en 170.369 persoas, un aumento en 625 desempregadas a respecto do mes anterior. Un incremento que contrasta cos rexistros de novembro no Estado español, onde o paro descendeu en 1.836 persoas.

Movemento Galego da Saúde Mental

Ø Contencións. En defensa dos dereitos humanos

10 de decembro de 2018 | A contención mecánica de persoas ingresadas en centros de carácter sanitario ou residencial é unha practica máis frecuente do que a sociedade se imaxina. Con ese termo noméase a acción mediante a cal se inmobiliza con correas a unha persoa, fixándoa xeralmente a unha cama.

40 anos de Constitución

A Constitución que o pobo galego non referendou

10 de decembro de 2018 | Corenta anos despois do referendo de aprobación da Constitución asistimos, como todos os decembros, ao habitual espectáculo de enaltecemento das supostas bondades producidas polo réxime do 78 e da Carta Magna que o cimentou. Vértense ríos de tinta en redaccións ao longo de todo o Estado para encomiar a bendita Constitución, que abriu o período de concordia e paz máis prolongado que coñeceu España nos últimos séculos, segundo din. “A Constitución que nos demos”, repiten unha e outra vez tertulianos e políticos, para logo dicirnos que non se pode cambiar porque “foi votada polo pobo español”. Pero, e o pobo galego, votouna?

Lingua

O reintegracionismo muda a estratexia e aposta polo binormativismo

10 de decembro de 2018 | O binormativismo. Esa é a nova estratexia aprobada pola AGAL (Associaçom Galega da Língua) na asemblea que celebrou o pasado sábado no Pazo da Cultura de Pontevedra. Supón, segundo aclara, "un novo eixo programático para traballar conxuntamente co tecido cultural galego".

PAC en pé de guerra

Confederación Estatal de Sindicatos Médicos denuncia o uso de internos para cubrir aos PAC

10 de decembro de 2018 | O CESM denunciou que o SERGAS está a utilizar médicos internos residentes que aínda non concluíron a súa formación para cubrir as baixas dos PAC na área de Vigo. Así o fixo saber Antonio Otero, secretario xeral do organismo, que considera que esta é “a proba máis evidente do fracaso na xestión da Atención Primaria en Galicia”.

Antifascismo

Comunicado do SAT ante as detencións de manifestantes antifascistas en Cádiz

10 de decembro de 2018 | Desde a Unión Local de Cádiz do Sindicato Andaluz de Traballadoras/es, ante os acontecementos ocorridos durante e tras a manifestación antifascista que tivo lugar na capital onte 4 decembro, declaramos o seguinte:

Opinión - Alberto Azcárate

O 15M xa ten unha placa en Sol mentres catorce detidos esperan o seu xuízo

10 de decembro de 2018 | “Nada que celebrar se hai detidos por loitar”, protestaba un grupo en solidariedade coas 14 persoas detidas no 15M, durante o acto no que o Concello de Madrid conmemorou o movemento cunha placa.