Comunicado do SAT ante as detencións de manifestantes antifascistas en Cádiz

Desde a Unión Local de Cádiz do Sindicato Andaluz
de Traballadoras/es, ante os acontecementos ocorridos durante e tras a
manifestación antifascista que tivo lugar na capital onte 4 decembro,
declaramos o seguinte:
En primeiro lugar, condenamos a violencia e
represión policial que se viviu nas inmediacións da Praza Asdrúbal e a
Avenida de Andalucía ao termo da manifestación, así como as detencións
de manifestantes e a violencia exercida en dependencias policiais. Así
mesmo, alertamos sobre posibles futuras detencións de manifestantes e a
criminalización da resistencia antifascista, vinculado ao monopolio da
violencia por parte do estado.
Consideramos fundamental narrar os feitos que aquí
condenamos. Cando as persoas presentes ao termo da manifestación se
dispersaban, a policía antidisturbios, que se atopaba no lugar desde
case unha hora antes, procedeu a disparar bólas de goma e a realizar
cargas na propia Praza Asdrúbal, obrigando á multitude a dirixirse cara
á Avenida de Andalucía ou ao paseo marítimo. Xa na Avenida, as cargas
policiais continuaron co lanzamento de pelotas de goma e, desde a
Comisaría de Policía ata o Edificio dos Sindicatos, sucedéronse novas
agresións e as detencións de dous manifestantes. A violencia exercida
durante o arresto, totalmente desproporcionada e cos compañeiros xa
reducidos, veríase continuada na furgoneta e en dependencias policiais.
Tanto é así que un dos dous detidos estivo o día de hoxe hospitalizado,
con graves feridas e contusións.
Actualmente
atópanse en liberdade con cargos acusados de delitos de desordes
públicas, desobediencia e atentado contra a autoridade, con posibles
penas de ata 5-6 anos de cárcere.
Desde a UL do SAT-Cádiz consideramos inaceptable
esta represión policial contra os sectores máis combativos do pobo
gaditano, denunciamos o silencio mediático e a impunidade policial no
uso da violencia e chamamos á solidariedade e apoio aos compañeiros
detidos.
Ademais, celebramos a multitudinaria manifestación
antifascista que percorreu onte as rúas de Cádiz e que aglutinou a
diferentes sectores populares, fundamentalmente mocidade rebelde e
organizacións feministas, nunha contundente demostración de rexeitamento
ao ascenso electoral do fascismo. As máis de 4000 persoas que se deron
cita ao longo da manifestación son a máis clara proba de que
hai sectores da poboación gaditana que non están dispostas a que se
normalice a entrada no Parlamento de partidos cun claro e explícito
discurso fascista.
Desta forma, apoiamos a continuar a organización
antifascista na cidade de Cádiz, tal e como se expresou na concorrida
asemblea antifascista que tivo lugar hoxe na Plaza del Palillero, para o
que é indispensable afastarnos dos ritmos e trampas da política
institucional e realizar traballo de rúa entre a xente, nos barrios,
centros de estudo e centros de traballo, para frear o ascenso do
fascismo nas zonas populares da nosa cidade.
Por último, alertamos da natureza do fascismo, que
vai máis aló da marca electoral Vox, e que verdadeiramente ancórase nas
institucións do estado español de raíz franquista, na súa policía, os
seus xuíces e parte da súa clase política. Lembramos que o fascismo está
intimamente vinculado ao capitalismo e é o desenvolvemento último dunha
necesidade de disciplinamiento e represión da poboación e da clase
traballadora en momentos de crises do mesmo, sendo xestado e amparado
pola burguesía e os medios de comunicación ao seu servizo. Por iso,
animamos a desenvolver unha loita antifascista de longo percorrido e que
vaia máis aló de conxunturas electorais e institucionais.
Contra o fascismo e a violencia policial, nin un
paso atrás!
Todo o apoio aos detidos e represaliados pola
Policía.
Cádiz, a 5 de decembro do 2018
Texto completo en:
https://www.lahaine.org/est_espanol.php/comunicado-del-sat-ante-las