As vosas colaboracións. Cartas que recibimos

Nesta semana, nomeadamente o día 3 luns,
recibimos moitos correos que resumimos no seguinte.
En relación á campaña de concienciación sobre a
seguridade informática, imposta desde o SIC, sinalar que o fondo de
escritorio, supoño que coa finalidade de chamar a atención, é
extremadamente intenso, e incómodo, reduce dun xeito importantísimo a
visibilidade das iconas sendo incómodo á hora de traballar.
Por
outra parte, de pouco vale que no Artigo 5 dos Estatutos se estableza
que a lingua propia da Universidade da Coruña é o galego se despois nos
enchedes os ollos e difundides o material en castelán.
Polo tanto requírovos que actuedes para que se
retiren os fondos de escritorio mentres que non cumpran eses dous
requisitos: que non estorben á hora de traballar e que se presenten en
galego, o idioma propio da Universidade