A novidade

O venres, 30 de novembro, todo o PAS recibimos un
correo electrónico que baixo o título de “Campaña de concienciación
sobre seguridade informática: I Cambio do fondo de escritorio con
recomendacións”, comunicaba que desde o día 1 de decembro, @s usuari@s
que se conectasen ao dominio: “os equipos de case tódolos PAS, as aulas
e os Escritorios Remotos. Así ó iniciar sesión no dominio imos ver por
debaixo das iconas imaxes con mensaxes de recomendacións de seguridade”.
O luns, día 3 de decembro, o persoal atopouse cun
fondo de escritorio que impedía a normal visión das iconas do
escritorio, dificultando a realización das tarefas sendo, ademais, a
reprodución das imaxes que o INCIBE (Instituto Nacional de
Ciberseguridad) proporciona nun Kit de concienciación, o paquete
proporciónase en castelán, as imaxes reproducíanse nese idioma,
esquecendo, unha vez máis, o teórico compromiso lingüístico
institucional.
Despois de múltiples protestas, entre elas a de
APA
que diriximos escritos a reitor e secretario xeral, a media mañá do día 3
de novembro, retirouse o fondo dos escritorios.
Como acostuma a universidade: da necesidade
(carencia) facer virtude, a pesar da circunstancia
sinalada, non deixou de facer a correspondente campaña mediática, así
tanto na páxina institucional como algún medio de comunicación
salientaron esta implantación, outro, importante avance na Universidade
da Coruña.
Con pouca labor un dos problemas
arránxase,
falta por solucionarse a cuestión de que non estorbe o normal
desenvolvemento do traballo