• Número 415
  • 10 de decembro de 2018

CUT - Alternativas na Xustiza

Alternativas na Xustiza-CUT informa:

Dende AXG-CUT continuamos e continuaremos loitando CONTRA A REPRESIÓN SINDICAL

No día de onte, 3 de decembro, celebrouse o xuízo contra delegados sindicais da Coruña  (entre eles, Javier, delegado sindical de AXG-CUT no momento dos feitos) como consecuencia da represión durante a folga na xustiza galega no xulgado de Instrución número 8 da Coruña.

Tras as declaracións de todas as partes, incluído o maxistrado de instrución n° 4 da Coruña coma denunciante, rematou como marcaba o sentido común, que coma todos sabemos é o menos común dos sentidos:

SENTENZA ABSOLUTORIA PARA @S DELEGAD@S SINDICAIS QUE DEFENDERON O DEREITO Á FOLGA DE TODOL@S TRABALLADOR@S.

De todas formas o conflito continúa vivo pois Javier e Chelo  teñen pendente outro xuízo e un expediente disciplinar.

Dende AXG-CUT continuamos e continuaremos loitando CONTRA A REPRESIÓN SINDICAL.