• Número 414
  • 03 de decembro de 2018

Represión

Non é portada pero a “Lei mordaza” segue aí, 45 sancións por día

O Ministerio do Interior aplicou 45,5 sancións cada día, baseándose nesta lei

A entrada en vigor da lei mordaza en abril de 2015 permitiu que baixo o seu paraugas se poidan sancionar ata 44 condutas non delituosas con multas dos 100 aos 600.000 euros. Poden ser desde infraccións consideradas graves, como a convocatoria de manifestacións sen notificación, ata cortar unha rúa ou faltar ao respecto ás forzas policiais. Só por este último motivo, entre abril de 2015 e decembro de 2017, o Ministerio do Interior aplicou 45,5 sancións cada día, baseándose nesta lei. Son, en total, 43.749 sancións, por un importe total de 6,5 millóns de euros.

http://insurgente.org/no-es-portada-pero-la-ley-mordaza-sigue-ahi-45-sanciones-por-dia/?fbclid=IwAR2A9AZ1qVXDxO0i1ph9vfyuDIEvnxjL4PcW05EdZnh_xBY18N3LO5y06Cs