• Número 414
  • 03 de decembro de 2018

Represión

Falan de paz, torturan e asasinan gratis

E foi “a caza do cervo” o que asasinou a Iñigo Cabacas. Unha estratexia político-represiva na que a ertzaintza só é unha vulgar ferramenta

Lembro os meses e semanas anteriores ao despregamento a nivel de rúa da ertzaintza en Bilbo. A policía nacional española estaba de suposta “despedida” e non quería perder o tempo así que se dedicou a tentar romper o maior número de cabezas posible, gastar todos os cartuchos de reserva, despedirse de certos locais e bares entrando a asoballalos e golpear á clientela, e deixar ben asperxida de gases lacrimóxenos as súas rúas favoritas.

O primeiro día que saíu a ertzaintza á rúa notábaselles que o estiveran planificando durante moito tempo, tentando corrixir fallos técnicos viciados da policía nacional. Querían dar de entrada unha imaxe de “forza superior”, mellor coñecedora do terreo e “diferencial”. E o certo é que xa desde o primeiro día si que se notaron diferenzas. Un dos primeiros pelotazos que lanzaron ese día deu contra unha chapa metálica nunha confluencia da rúa Ronda coa Ribera e tanto o son oco do disparo como o golpe producido notábase con maior forza e contundencia que o que podería saír das escopetas anteriores. Tamén avanzaron nas súas liñas ata zonas non comúns da policía nacional tentando dar unha suposta imaxe de control. Estaba claro que estiveran man a man estudando o tema coa policía nacional e que a partir dos seus coñecementos querían expandir dunha forma máis efectiva as tarefas represivas. Por iso é polo que o bestialismo típico da nacional que nalgúns casos denotaba certo deixamento, foi substituído por un bestialismo vehiculizado a causar máis dano, máis información e mais consecuencias. E neste caso cun dobre manto de impunidade, tanto o recibido desde o estado como o activamente tecido pola burguesía vasca, especialmente a mans do PNV. Desde esa nova impunidade abriuse unha nova veda de caza e non casualmente o nome de “cervo” como obxectivo prioritario.

E foi “a caza do cervo” o que asasinou a Iñigo Cabacas nos arredores dunha herriko taberna. Unha estratexia político-represiva na que a ertzaintza só é unha vulgar ferramenta. Pero unha ferramenta protexida como nos demostra que no xuízo quedasen todos absoltos, menos un mando que cae inhabilitado (estando xa xubilado) e 2 anos de cárcere que nunca pisará. En suposta defensa do estado pódense abrir fendas na cabeza pero coidado con escribir un tweet. Os amos desta estratexia estendida no tempo e que non cesou nunca, que son os que máis nos falan de paz, xamais sentarán ante ningún tribunal que imparta xustiza porque non existe tal cousa en Euskal Herria. Para este sistema un novo camareiro traballador non é nada fronte á burguesía vasca e os seus mercenarios. E é precisamente iso, nada, o que debe representar eses tribunais, esa burguesía e estes mercenarios para o pobo traballador vasco: unha forza de choque do capital co único destino da súa disolución e abolición nunha Euskal Herria libre.

A pesar de que nos venderon insistentemente o suposto repregamento da policía nacional española e a garda civil como un paso “soberanista” e “do pobo”, o mesmo que se tenta facer agora coa incerta transferencia de prisións, o resto das FSE non se foron a ningunha parte, e aínda seguen estando, desde entón con máis tempo libre e medios para facer o seu, tras a cesión dunha parte do monopolio da violencia á burguesía vasca. Unha cesión realizada para o que realmente foi e fixo durante todas estas décadas. Precisamente todo o contrario do que nos vendían: Unha policía encargada de facer valer pola forza a lei española e que a clase traballadora vasca se manteña controlada en grao de dependencia a esa burguesía. Non podía ser doutra forma. Un estado nunca cede a un territorio ocupado partes da xestión do poder e a violencia se non está seguro que o colaboracionismo é firme, e se o cede é a propósito de que é no alto grao efectivo o que poboación autóctona exerza de matarife do estado de cara aos seus intereses e a promocionar tal colaboracionismo. É un clásico do imperialismo á hora do integracionismo forzado de nacións baixo as súas leis; armar de policías, militares ou carcereiros a partes do pobo traballador desclasado e desnacionalizado e que sexan xestionados desde a burguesía colaboracionista ao ditame do estado e o capital. Iso e non outra cousa é o que é a ertzaintza, unha policía do capital en beneficio da burguesía vasca e valedora da orde española. En esencia irreformable como policía autonómica española, tanto en orixe como en finalidade.

Texto completo en: https://www.lahaine.org/fM22