• Número 414
  • 03 de decembro de 2018

Universidade

As vosas colaboracións. Cartas que recibimos

Agradecemos as vosas colaboracións. Se non nos implicamos tod@s, fracasaremos

Cursos de formación e permisos para as probas de aptitude

Reenviamos o seguinte comunicado de parte da Xerencia:

"Debido a que se están detectando autorizacións de permisos para concorrer a probas de aptitude nos cursos de formación de persoal polo día completo, lémbrase que o dito permiso alcanza só o tempo necesario para a realización do exame, tal e como indica a instrución oitava da Resolución, do 24/02/2016, da Dirección Xeral de Función Pública, pola que se ditan instrucións sobre o réxime de vacacións, permisos e licenzas."

Acabamos de recibir este correo sobre petición de día por exame de curso. Así que ademais de formarnos pola nosa conta a través da EGAP, realizar as tarefas por teleformación sacando o tempo que duran os cursos do noso horario fóra do traballo, agora non temos dereito a pedir a mañá se temos o exame ás 4 da tarde. De verdade cada día dan menos ganas de formarse.