• Número 414
  • 03 de decembro de 2018

CUT - Alternativas na Xustiza

Dirección Xeral de Xustiza: sátrapa e xorda

A cantidade de diñeiro aforrada non servirá como escusa para a Administración de Xustiza Galega de que non hai fondos

Desde o pasado día 5 de novembro unha das funcionarias do corpo de tramitación procesual e administrativa atópase de baixa laboral, co conseguinte prexuízo nun xulgado que durante a folga tivo un seguimento masivo durante os tres meses de duración.

Ao abeiro da resolución, de data 7 de maio de 2018, e publicada no DOG o día 15 do mesmo mes, da Dirección Xeral de Xustiza (Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza), e na que se regulan as substitucións entre funcionarios titulares ao servizo da administración de xustiza de Galicia, contempla que, poderán ser cubertos temporalmente mediante substitucións os postos de traballo que se atopen vacantes ou cando o seu titular estea ausente polo gozo de licenzas, ou permisos de longa duración.

No caso que estamos a contemplar, O XULGADO DO SOCIAL NÚMERO 2 DE FERROL, hai, tal e como se expresou no primeiro parágrafo, unha funcionaria de baixa laboral por enfermidade. En función da resolución reguladora das substitucións, terá preferencia para realizar a substitución o funcionario destinado dentro do mesmo centro de destino.

Ao non existir voluntarios do co rpo de auxilio interesados en solicitar a substitución, poderán, conforme ao artigo 4 / apartado 1, solicitar a substitución, con exención de función nos seus postos, os funcionarios de carreira dos corpos xerais ao servizo da administración de xustiza con destino en órganos radicados na CCAA de Galicia, e que estean en situación de servizo activo, prestando efectivamente servizo en xulgados, tribunais, fiscalías ou outros órganos da Administración de Xustiza.

Por todo o anteriormente exposto, SOLICITAMOS E ESIXIMOS QUE POR PARTE DA DIRECCIÓN X ERAL DE XUSTIZA se amose un mínimo interés polo funcionamento da xustiza.

Despois dunha longa folga de tres meses, e duns plans de recuperación pírricos de 20 horas para sacar o traballo das máis de 500 horas perdidas durante a folga Á MAIOR BREVIDADE POSIBLE DEBERÍA OFERTAR A PRAZA A SUBSTITUCIÓN OU, NO CASO DE QUE A ADMINISTRACIÓN "VALORE", COMO FAI EN CASE TODOS OS CASOS, EVITANDO REALIZAR OS NOMEAMENTOS E CARGANDO AÍNDA MÁIS DE TRABALLOS OS XA SATURADOS XULGADOS / QUE NON EXISTEN MOTIVOS DE URXENCIA POR NO CONCRETARSE A DURACIÓN DA DEVANDITA BAIXA, FAGA UN NOMEAMENTO URXENTE DE INTERIN@ PARA O XULGADO DO SOCIAL NÚMERO 2 DE FERROL.

A cantidade de diñeiro aforrada non servirá como escusa para a Administración de Xustiza Galega de que non hai fondos. A miseria dos plans de actuación ofertados, cunha duración de 20 horas fronte a total de horas perdidas durante os tres meses, e o atraso provocado pola folga en si fan máis que xustificada esta reclamación.

En Ferrol, a 30 de novembro de 2018.

ASINADO, Carmen Rodríguez

Delegada sindical de ALTERNATIVAS NA XUSTIZA-CUT