CICLO DE XORNADAS: Por Unha Cidade Viva e Inclusiva [Sábados 24Nov e 1Dec]
![CICLO DE XORNADAS: Por Unha Cidade Viva e Inclusiva [Sábados 24Nov e 1Dec]](../../laborais/images/xornadaslugosenmordazas.jpg?1454279969)
Os vindeiros Sábados 24 de Novembro e 1 de Decembro
terá lugar o primeiro ciclo de xornadas de Lugo Sen Mordazas, un espazo
de debate e reflexión onde se abordarán diferentes cuestións que xirarán
ao redor de que modelo de cidade queremos construír, partindo da
necesidade de tecer un novo modelo de comunidade a través da
transformación social. Para estas xornadas contaremos con persoas da
nosa cidade, ademais de poñentes e colectivos que achegarán o seu punto
de vista dende diferentes puntos xeográficos, palpando outras
realidades.
Este ciclo nace do traballo colectivo, a través da
autoxestión, sen mecenados, patrocinadores, nin subvencións e de balde
para todas as persoas; pretendendo ser o primeiro de moitos ciclos que
sacudirán a nosa cidade e forma de pensarnos colectivamente, traballando
xa para as vindeiras xornadas no ano que entra.
Para as persoas xordas, e co fin de
facilitar a accesibilidade, se estás interesadx en vir ponte en contacto
con nós a través do email
lugosenmordazas@riseup.net
Lugar: Casa Sindical, Ronda da Muralla nº 58 (Lugo)
PROGRAMACIÓN SÁBADO 24 DE NOVEMBRO
– 11:00h – Recepción de participantes e
presentación das xornadas.
– 11:30h – Conferencia: Governar a través do medo
Poñente: Jacobo Teijelo (Avogado Penalista)
Jacobo Teijelo, avogado penalista, con 30 anos de
exercicio de profesión que lle permitiron coñecer todas as caras do uso
da forza polo Estado. Falará sobre os instrumentos de poder do Estado,
neste caso o Concello, para amordazar á cidadanía, na liña doutros
patróns de persecución estatal.
– 12:45h: Descanso
– 13:00h: Mesa redonda: As principais vítimas das
mordazas: grupos en exclusión social
Existen colectivos de persoas que sofren
especialmente as precarias condicións da vida, sumado á estigmatización
por parte dalgúns sectores da sociedade e o esquecemento ou incluso a
represión por parte das administracións.
Participan:
o Uxía Amigo, con experiencia
acompañando a persoas sen fogar en Compostela
Unha visión máis alá do económico e de xénero da
pobreza. Intervención sobre o “sen fogarismo” e como afectan as
ordenanzas municipais ás persoas en situación de exclusión residencial.
o Diego Lores,
da ODS Coia e Baladre en Vigo
As formas de control, e tamén de castigo de gran
parte da sociedade, pasan por deixarnos sen os mínimos para unha vida
digna: desemprego, axudas sociais, despexos… Son xeitos de reprimir a
unha ampla parte da xente obrigada a malvivir no medio da riqueza dunhas
poucas.
Fronte a isto, desde a ODS-Coia (Oficina de
Dereitos Sociais de Coia, en Vigo) procuramos artellar dinámicas de
apoio mutuo e de denuncia que nos sirvan para resistir á vez que imos
dando pasos cara as vidas que desexamos.
o Fátima, veciña da Tinería, ofrece
servizos sexuais e relata o proceso de xentrificación
Veciña que leva toda a vida entre o barrio da
Tinería e o barrio do Carme e que relatará en primeira persoa como agora
está sufrindo, ao igual que moitas outras, un proceso de xentrificación,
onde se quere expulsar ás clases populares dos barrios en beneficio
dunha nova elite económica afincada e que se cre en dominio do espazo.
o Modera:
Rede
de Apoio Mutuo de Lugo
Son moitas as inxustizas que xs de abaixo sufrimos
sen que exista unha rede en Lugo que logre unificar forzas, fronte ás
condicións precarias de vida e de abusos que sufrimos causa de
diferentes tipos de opresións (laboral, racismo, clasismo, machismo,
homofobia, etc.) Ante isto, a solución é a organización, colaboración e
apoio mutuo por parte das persoas, tecendo lazos que logren rachar co
status quo do día a día.
– 14:30h: Xantar vegano. Porque para seguir as
xornadas hai que cargar enerxías, trasladámonos dende a Casa Sindical
ata o Vagalume C.S.-C.A (Rúa das Nóreas, 5) para comer e compartir
(prezos populares). Aforo limitado. Reserva en
lugosenmordazas@riseup.net
(indica que Sábado ou ambos)
– 17:00h: Conferencia: Resistencia e autoxestión en
barrio Altos, San Lourenzo (Arxentina)
Poñente: “La Gallega”, membro da
ZAL (Zona
Autónoma Liberada)
Fronte á miseria obrigada polo estado e os gobernos
arxentinos, as vilas sobreviven rebuscándose a vida, cos seus códigos
implícitos de apoio mutuo que se traducen en espazos culturais e sociais
autoxestionados como a ZAL, un terreo liberado entre as cuadras do
barrio Altos de San Lorenzo da cidade da Prata (Arxentina). Onde crear e
recrear, un terreo por explorar e experimentar, en definitiva, unha zona
que subsiste autoxestionadamente e asembleariamente.
– 18:00h: Descanso
– 18:15h: Conferencia: A cidade fronte ao control
urbano
Poñente: Iago Carro do colectivo
Ergosfera –
Partidarios da cidade (A Coruña)
A representación política institucional parte dun
consenso non explícito entorno á necesidade ou desexabilidade do control
total sobre cada metro cadrado do territorio. A charla consistirá nun
percorrido por algúns dos estudos realizados nos últimos anos sobre como
as ferramentas urbanísticas e de “seguridade cidadá” afondan nesa idea
de control á conta dos procesos urbanos considerados prescindibles ou
directamente inimigos da normalidade ou da rendibilidade.
– 19:30h: Peche da xornada.
PROGRAMACIÓN SÁBADO 1 DE DECEMBRO
– 11:00h: Recepción de asistentes e presentación da
xornada
– 11:15h: Conferencia: Novos dispositivos de
vixianza para a represión
Poñente: Fran Pérez (corresponsal en Galiza de
KaosEnLaRed)
O desenvolvemento tecnolóxico ao servizo dos
poderes fácticos permite deseñar dispositivos de vixianza cada vez máis
capacitados para aplicar políticas de represión e previr que a sociedade
exerza un contrapoder efectivo. Aportarase unha visión xeral sobre os
sistemas de control social que están comezando a aplicarse dentro e fóra
do Estado español.
– 12:15h: Documental: El peso de la manta
Sinopse: Nas rúas de Barcelona os inmigrantes máis
visibles pero invisibles de todxs loitan por sobrevivir a través da
venda ilegal na rúa. Vítimas do racismo implacable, perseguidas pola
policía e silenciosxs e silenciadxs durante moitos anos, finalmente
atoparon unha voz e crearon un sindicato. Duración 35 minutos (ver
trailer)
– 12:50h: Descanso
– 13:15h: Conferencia: O paradigma inmigrante e a
revolución transfeminista
Laura Bugalho (activista)
Todas somos inmigrantes. Somos inmigrantes no
Patriarcado, no Capitalismo, no Colonialismo e en tantos outros sistemas
que nos oprimen. O Transfeminismo con alicerces nas xenealoxías
feministas implica a suma de todas as loitas antes parcializadas.
– 14:30h: Xantar vegano no Vagalume C.S.-C.A (Rúa
das Nóreas, 5). Aforo limitado. Aforo limitado. Reserva en
lugosenmordazas@riseup.net (indica que Sábado ou
ambos)
– 17:00h: Conferencia: Recuperemos o espazo
público. Experiencias de traballo contra a ordenanza cívica
Andrés Barrio (Logroño Cívico)
Farase un repaso da evolución da Ordenanza Cívica
do Concello de Logroño desde a súa aprobación en 2010 ata a súa
modificación neste 2018, así como da oposición social que esta recibiu.
Esta actividade non se encadra só nunha oposición á Ordenanza, senón en
diferentes actuación para facilitar e reducir as esixencias para o uso
do dominio público e a modificación das ordenanzas do uso deste.
– 18:00h: Descanso
– 18:15h: Mesa redonda: Cultura, deporte e arte
urbán
O modelo urbano contemporáneo é o berce no que
aniñan subculturas vencelladas á cidade, propiciando a aparición de
prácticas sociais e modos de vida que se están a ver delimitados e
reprimidos pola privatización do espazo público.
Participan:
o Saúl (skater)
Falará en primeira persoa da necesidade dun
skatepark novo en Lugo, da participación das propias persoas que
practican esta disciplina na súa construción e como as “ordenanzas
mordazas” atacan o uso do skate nas rúas.
o Kali A.K.A. La Negra (rap)
O Hip-Hop é cultura. Centrada máis no elemento do
rap, considera que o “rap de calle ou de barrio” debe ser un medio de
difusión das vidas precarias, con conciencia anticapitalista e sentido
de clase.
o Pablo (parkour)
Reivindicación do parkour no espazo urbano como un
deporte e unha forma de expresión urbana.
– 19:30h: Peche da xornadas
– 21:00h: Pechamos as xornadas polo alto, con tres
concertos de músicxs da nosa cidade. Serán de balde e terán lugar no
Vagalume C.S.-C.A (Rúa das Nóreas, 5).
Kali A.K.A. La Negra e
Volk
GZ. Rap incisivo e de temática social. O escenario como plataforma
de combate.
Filophóbicas. Grupo de rock social galego. Ao vocalista deste grupo
lucense debémoslle o noso “himno oficial”.