A Plataforma pediátrica Costa da Morte pola saúde dos nosos fillos convoca unha concentración comarcal en Cee

Continúa a loita social contra os recortes en
pediatría no rural galego,
protagonizada polas familias de Zas, Muxía e Dumbría, co apoio dos
seus Concellos.
Desta volta as familias seguen demostrando unha
fundamental unión para loitar polos seus dereitos, e os de toda a
poboación, convocando a través da a coordinadora Zas sen recortes en
pediatría e a “Plataforma pediátrica Costa da Morte pola saúde dos nosos
fillos”, unha unha concentración en Cee o martes 27 de novembro, ás
13:00h diante do Hospital Virxe da Xunqueira.
Unha concentración que virá cos seus propios ollos
Luís Verdes, responsable da Área Integrada da Coruña, pois terá ese
mesmo martes unha reunión cos alcaldes da comarca. As familias queren
así “recibilo” na Costa da Morte.
Apoio municipal
Así o ratifica o Concello de Zas, que volve instar
á Xunta de Galicia a que tom en en consideración a situación e se
comprometa a evitar máis recortes.
Á
xa complicada situación de normalidade, despois do recorte de 35 a 15
horas semanais de servizo dende o pasado verán, únese circunstancias
como que as vacacións da pediatra que compaxina os Centros de Saúde de
Zas e de Baio, do 1 ao 15 de decembro, provoca que 300 familias do
concello queden sen servizo dende o 30 de novembro ata o 17 de decembro.
Unha situación moi parecida á de Muxía, e ante a que o Sergas non se
formula tomar medidas para evitar deixar a tantas familias sen iun
servizo básico coma este, obrigándoas a desprazarse moits quilómetros
para atender sanitariamente aos seus pequenos.
“É responsabilidade do Sergas dar unha solución
para que os nosos nenos e nenas teñan a atención sanitaria que lles
corresponde sen ter que desprazarse a outros puntos da comarca ou
incluso fóra dela”, sinala o alcalde Manuel Muíño.
https://quepasanacosta.gal/a-plataforma-pediatrica-costa-da-morte-pola-saude-dos-nosos-fillos-convoca-unha-concentracion-comarcal-en-cee/