• Número 413
  • 26 de novembro de 2018

CUT - UDC

Anteproxecto de Lei de reforma da LOMCE (texto)

O procedemento adoptado polo goberno, sen a discusión previa na comunidade educativa, levantou amplas protestas

Hai unha tempada que se anuncia nos medios de comunicación a existencia dun anteproxecto de lei que modificaría de forma substancial a LOMCE, tamén denominada Lei Wert do PP. O procedemento adoptado polo goberno, sen a discusión previa na comunidade educativa, levantou amplas protestas entre o colectivo de docentes, nas asociacións de nais e pais e mesmo entre o propio estudantado. Agora a propio goberno ven de presentar o borrador do anteproxecto no Consello Escolar do Estado abrindo un proceso de debate e achega de propostas.

A CUT tivemos acceso ao documento, denominado “ANTEPROYECTO DE LEY ORGÁNICA POR LA QUE SE MODIFICA LA LEY ORGÁNICA 2/ 2006, DE 3 DE MAYO, DE EDUCACIÓN”, poñémolo á túa disposición para unha avaliación persoal, non obstante imos sinalar algún dos aspectos máis salientables do que nel se recolle.

A regulación do uso e escolarización nas linguas cooficiais deixa de ser competencia estatal para retornar ás respectivas autonomías

Elimina os artigos da LOMCE que consideraban a Relixión unha materia específica

O anteproxecto remata coas reválidas

Dáselles prioridade no réxime de concertos aqueles centros que se organicen baixo o principio de coeducación

O acceso á universidade determínase pola superación dunha única proba que, xunto coas cualificacións obtidas no bacharelato valorará a madurez académica e de coñecementos adquiridos nel.

Nunha disposición transitoria, a segunda, determínase o procedemento a seguir ata a implantación das modificacións previstas nesta Lei en relación co acceso e  admisión aos ensinos universitarios oficiais de grao.

A disposición final primeira recolle a modificación da Lei Orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de Universidades, que modifica o apartado 3 do artigo 42.

Xa na disposición final terceira. Calendario de implantación sinálase que as modificacións que introduce esta Lei relativas ao acceso á universidade implantaranse no curso 2021-2022.

Convocatorias para debater o anteproxecto:

    10 de decembro.  Mesa Sectorial do MEeFP

    18 de decembro. Consello escolar do Estado

Seguiremos informando