Universidade

APA insta á Xerencia a negociar o incremento adicional do 0,30% da masa salarial contemplado na Lei de Orzamentos Xerais do Estado de 2018
26 de novembro de 2018 | A raíz do debate suscitado na última reunión realizada entre Xerencia e Xunta de Persoal na que defendemos que os procesos de estabilización deben estar rematados no ano 2020, en contra da interpretación da Xerencia que entende outra cousa, procedemos a revisar dun xeito máis pormenorizado o establecido na Lei de Orzamentos.
Universidade

Día 20. Reunión da Xunta de Persoal e posterior reunión coa Xerencia
26 de novembro de 2018 | Como vos sinalamos no PASquín anterior, o pasado día 20 realizouse unha reunión da Xunta de Persoal previa á reunión convocada pola Xerencia e que tiña como puntos esenciais da orde do día a análise das propostas de convocatorias de acceso libre de prazas da escala administrativa, escala técnica de servizos, escala técnica superior de informática e da escala técnica superior de calidade.
Universidade

Día 28, reunión do Consello de Goberno
26 de novembro de 2018 | O vindeiro 28 realizarase unha nova reunión do Consello de Goberno. Como en anteriores ocasións transmitiremos ao resto da Comunidade Universitaria e ao equipo de goberno os asuntos que son de interese para o colectivo.
Universidade

APA abrirá o seu local no CUR este luns de 20 a 21 horas
26 de novembro de 2018 | Como facemos desde o luns, día 8 de xuño de 2015 a Alternativa de PAS Asemblearia manterá aberto o local que se lle asignou no Centro Universitario de Riazor (CUR), este luns, reducimos o horario de apertura para poder asistir á concentración convocada pol@s compañeir@s de Alcoa, polo tanto o horario de apertura será, nesta semana, desde as 20 até as 21 horas. Abrimos o local coa finalidade de recibir ás traballadoras e traballadores que desexen comunicarse con nós.
CUT - CRTVG

CRTVG en loita pola defensa dos medios de comunicación públicos
26 de novembro de 2018 | Desde o día 20 ás 0 horas, en días alternos até o domingo día 2 de decembro, o persoal da CRTVG está a realizar paros de dúas horas en tódalas quendas de traballo. O paro decidido asembleariamente ten como finalidade loitar contra o desmantelamento dos medios públicos. Despois desta primeira xeira de paros, ás traballadoras e traballadores subirán un chanzo máis nas súas protestas e realizando folga de 24 horas os días 19 de decembro, día no que convocan unha manifestación en Compostela e o día 22 coincidindo coa celebración do sorteo da lotaría de nadal.
Sentenza

O Tribunal Supremo sinala que o modo de adquisición do grao persoal de funcionarios de carreira é aplicable aos interinos
26 de novembro de 2018 | A Sala Terceira, do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo (STS 1592/2018, do 7 de novembro (A LEI 160572/2018)) ditou unha sentenza na que fixa que o artigo 70.2 do Regulamento aprobado polo Real Decreto 364/1995 (A LEI 1434/1995), que establece o modo de adquisición do grao persoal na Administración do Estado, resulta de aplicación non só aos funcionarios de carreira senón tamén aos funcionarios interinos.
CUT - CRTVG

27 venres negro na CRTVG
26 de novembro de 2018 | @s traballador@s da CRTVG non fan rebaixas nas súas reivindicacións. O venres 23 de novembro coincidindo con ese día tan consumista e de descontos, visibilizaron, de novo, as denuncias e reivindicacións que desde hai 27 semanas veñen desenvolvendo mediante concentracións e vestid@s de negro, cor que da nome ás accións de protesta
CUT - Alternativas na Xustiza

AXG-CUT recolle máis de 1.000 sinaturas en contra da modificación da LOPX
26 de novembro de 2018 | Ante as consecuencias e a gravidade da reforma da LOPX para o colectivo da administración de Xustiza, reforma silenciada durante meses polos sindicatos que ostentan representación na mesa sectorial do Mº de Xustiza, dende ALTERNATIVAS NA XUSTIZA-CUT iniciamos unha campaña de asambleas informativas polos xulgados de Galicia, e unha recollida de sinaturas.
CUT - UDC

Anteproxecto de Lei de reforma da LOMCE (texto)
26 de novembro de 2018 | Hai unha tempada que se anuncia nos medios de comunicación a existencia dun anteproxecto de lei que modificaría de forma substancial a LOMCE, tamén denominada Lei Wert do PP. O procedemento adoptado polo goberno, sen a discusión previa na comunidade educativa, levantou amplas protestas entre o colectivo de docentes, nas asociacións de nais e pais e mesmo entre o propio estudantado. Agora a propio goberno ven de presentar o borrador do anteproxecto no Consello Escolar do Estado abríndo un proceso de debate e achega de propostas.
CUT - Alternativas na Xustiza

Plans de recuperación: renuncia dunha traballadora por grave discriminación salarial e vulneración de dereitos fundamentais
26 de novembro de 2018 | Publicamos a carta de renuncia presentada por unha traballadora aos plans de recuperación "negociados" pola Dirección Xeral de Xustiza e os sindicatos que asinaron o acordo que puxo fin á folga da xustiza.
Universidades

Estudantes das universidades galegas únense á celebración de referendos sobre a monarquía
26 de novembro de 2018 | Todo comezou cunha ducia de estudantes sentados no céspede da Universidad Autónoma de Madrid (UAM). Pasaron a ser 40 no salón de actos da Facultade de Filosofía na primeira asemblea. Comezaron a chegar correos doutros centros. A Universidad Carlos III, tamén de Madrid, a de Zaragoza. Uniuse un grupo de estudantes cataláns da Pompeu Fabra e da Universitat de Barcelona. Chamaron de Asturias. E tamén de Vigo. Logo organizáronse mozos e mozas do campus da Coruña e de Ourense e, máis tarde, da Universidade de Santiago. Ao final, as tres universidades galegas uníronse á iniciativa para a celebración de referendos sobre a monarquía e o modelo de Estado nas vindeiras semanas.
Açom Antifascista

Unidade contra o fascismo na Corunha
26 de novembro de 2018 | Baixo a bandeira da unidade, Açom Antifascista Corunha leva convertendo o mês de novembro num mês de luita contra a besta do fascismo. Este sábado centos de pessoas marcharom na cidade herculina amossando a vigência das teses antifascistas no seio dum Estado que careceu de troco de regime, mantendo-se intatas a meirande parte das estruturas (políticas, jurídicas, simbólicas e economicas) que sosterom o franquismo.
Loita social

O verdadeiro Ferrol Rebelde
26 de novembro de 2018 | O Ferrol Rebelde, Obreiro, Reivindicativo, Loitador, de Esquerdas, Feminista e que sigue na loita e resistindo con dignidade son tod@s @s activistas, mulleres e homes que saen as rúas a loitar, a defender dereitos os dereitos de Tod@s nós, a loitar fronte as inxustizas, fronte o patriarcado, fronte as violencias machistas, fronte o fascismo e neoliberalismo...
Loita Social - Represión

CICLO DE XORNADAS: Por Unha Cidade Viva e Inclusiva [Sábados 24Nov e 1Dec]
26 de novembro de 2018 | Os vindeiros Sábados 24 de Novembro e 1 de Decembro terá lugar o primeiro ciclo de xornadas de Lugo Sen Mordazas, un espazo de debate e reflexión onde se abordarán diferentes cuestións que xirarán ao redor de que modelo de cidade queremos construír, partindo da necesidade de tecer un novo modelo de comunidade a través da transformación social.
Ensino universitario

O estudantado de Traballo Social estala: “Queremos pertencer á USC”
26 de novembro de 2018 | Estudantes de Traballo Social reuníronse estes días nunha Asemblea Aberta co obxectivo de que a súa facultade pase a ser pública e conte cos mesmos recursos que o resto do Campus da USC. Estes estudos, relatan desde a Asemblea, foron no seu día privados ata que se conseguiu que fosen adscritos á universidade pública. Agora o estudantado quere que se desprivaticen totalmente.
Sanidade Pública

Laura Silva, médica no PAC do Porriño: "A atención primaria é a base do sistema e está a colapsar"
26 de novembro de 2018 | Unha médica do Porriño reafirma a denuncia feita dende o PAC en declaracións a Sermos Galiza. En troques, o Sergas alega que respecta os descansos e as xornadas laborais dos traballadores.
CUT - PSA Citroën

A CUT concentra aos seus afiliados ás portas de PSA Vigo para expresar o seu rexeitamento ao ERTE
26 de novembro de 2018 | Un grupo de traballadores de PSA Vigo concentrouse este venres ás portas da planta de Balaídos, convocados polo sindicato CUT, para expresar o seu rexeitamento ao Expediente de Regulación Temporal do Emprego (ERTE) que a dirección da empresa propuxo --e está a negociar cos sindicatos-- ante a baixa produción do sistema 1.
Sanidade Pública

A Plataforma pediátrica Costa da Morte pola saúde dos nosos fillos convoca unha concentración comarcal en Cee
26 de novembro de 2018 | Continúa a loita social contra os recortes en pediatría no rural galego, protagonizada polas familias de Zas, Muxía e Dumbría, co apoio dos seus Concellos.
Represión

A Audiencia Nacional absolve ao creador de ResistenciaFilms ao non acreditar que enxalzase ao GRAPO
26 de novembro de 2018 | O tribunal descarta que coas súas publicacións o acusado tivese a intención de incitar á comisión de actos violentos, “aínda cando fóra de maneira indirecta”. A Fiscalía pedía un ano e un día de prisión por enaltecemento do terrorismo.
Feminismo

[25N] Rebelión, autodefensa, contra todas as violencias machistas
26 de novembro de 2018 | Económica, sexual, psicolóxica, física, reprodutiva obstetricia, laboral, institucional... As mulleres recibimos múltiples violencias en maior ou menor grado na nosa vida diaria. Neste 25 de Novembro queremos reivindicar a necesidade de tecermos redes de coidados e soporte das nosas vidas fronte a esas violencias que sufrimos e facelo dende a loita feminista.
Lingua

Todo pronto para o nascimento da Rede da GaliLusofonia
26 de novembro de 2018 | Após a receção das pessoas participantes, convidadas e observadoras às 10:30 horas, o doutor Ricardo Rio, Presidente da Cámara Municipal de Braga vai ser o encarregado de fazer a abertura oficial.
CARTAS QUE RECIBIMOS

As vosas colaboracións
26 de novembro de 2018 | Espazo aberto á vosa participación
Universidade

Últimas convocatorias nas Universidades da Coruña, Santiago e Vigo
26 de novembro de 2018
Represión

A sentenza do caso ‘Boro LH’ deixa en evidencia a montaxe policial
26 de novembro de 2018 | Como diciamos hai uns días, a importante sentenza do caso contra o xornalista do noso medio, Boro LH, é toda unha vitoria. O xuízo celebrouse ademais nun momento no que os ataques á liberdade de expresión, de información , de manifestación e en definitiva, o retroceso dos dereitos e liberdades é a tónica xeral no Estado español, cunha xustiza que de cando en cando antepón eses dereitos e liberdades á palabra da Policía. Polo cal esta vitoria ten o dobre de mérito.
Loita obreira

As Marchas da Dignidade cos traballadores de Amazon
26 de novembro de 2018 | A través dun comunicado remitido á redacción de Canarias-semanal, as Marchas da Dignidade de Madrid expresaron o seu apoio e solidariedade coa loita dos traballadores da multinacional estadounidense Amazon do centro loxístico de San Fernando de Henares
Opinión - Aday Quesada

Demasiado para só unha semana
26 de novembro de 2018 | "Que é o que poderá estar a suceder neste país que a represión política, a corrupción, a exaltación do franquismo e a prevaricación prodúcense sen que os seus protagonistas traten sequera de disimular ou encubrir as súas accións?" Segundo o noso colaborador Aday Quesada non pasa nada que non sucedese no pasado. Trátase tan só dun espellismo.

