• Número 413
  • 26 de novembro de 2018

Universidade

As vosas colaboracións. Cartas que recibimos

Agradecemos as vosas colaboracións. Se non nos implicamos tod@s, fracasaremos

Estratexias e respostas

Non sei como non vos dades conta. Canto tempo levades cos asuntos debatidos no grupo ese que se constituíu de conciliación e acción social enriba da mesa? Creo que xa hai un ano, polo menos, que se disolveu. A táctica do xerente é a de esquecer eses asuntos, cando llos recordades pon outros enriba da mesa de igual importancia para que se volvan a retrasar e así até o infinito. Non se pode entrar nesa voráxine, non podedes deixarvos levar. Mentres que non se remate cun asunto non se pode comezar outro!

 

Xubilación. Premio, complemento... ou como lle queirades chamar

Hai xa unha tempada que cando vos remitides a este asunto non se fala das funcionarias e funcionarios que por proceder doutra administración non temos dereito a que, para este complemento, premio..., se nos compute a antigüidade na administración de procedencia. No último PASquín incluso falabades dunha sentenza. Esqueceuse o dereito que temos a que se nos compute esta antigüidade?