• Número 413
  • 26 de novembro de 2018

Feminismo

[25N] Rebelión, autodefensa, contra todas as violencias machistas

"As mulleres decidimos"

Económica, sexual, psicoloxica, fisica, reprodutiva obstetrica, laboral, institucional... As mulleres recibimos múltiples violencias en maior ou menor grado na nosa vida diaria. Neste 25 de Novembro queremos reivindicar a necesidade de tecermos redes de coidados e soporte das nosas vidas fronte a esas violencias que sufrimos e facelo dende a loita feminista. No último ano coñecemos sentenzas xudiciais que confirman que a violencia sistémica e o monopolio da violencia por parte do estado son aínda un desafío que debemos afrontar dende o feminismo, que todas as campañas de chamados a denunciar as violencias machistas non ocultan a revictimización e mesmo a idenfensión que sufrimos neses procesos de denuncia. Tamén constatamos que a violencia económica consecuencia da alianza capital-patriarcado segue colocando as nosas vidas e os nosos territorios en perigo. Por iso queremos falar de autodefensa e organización, autodefensa fronte á violencia física e psicolóxica mas tamén fronte á económica e institucional. Construír alternativas para a vida para defendernos das violencias que nos atravesan. #FeminismoParaVivir #FeminismoParaTransformar #Autodefensa #AutodefensaFeminista #OrganizarAloita #nenUnhaMenos #TomarAsRúas