As Marchas da Dignidade cos traballadores de Amazon

A través dun comunicado remitido á redacción de
Canarias-semanal , as Marchas da Dignidade de
Madrid expresaron o seu apoio e solidariedade coa
loita dos traballadores da multinacional estadounidense Amazon
do centro loxístico de San Fernando de Henares.
"Os preto de 2.000 traballadores deste centro de
traballo madrileño, tras as xornadas de folga levadas a cabo o pasado
mes de xullo, vense de novo obrigados a mobilizarse - explican -
e convocaron novos paros coincidindo co período do Nadal".
Estas mobilizacións desenvolvésense
os días 23 e 24 de novembro, xusto durante o
Black Friday, que se celebra o venres 23 do citado mes.
Tamén se parará a actividade entre o 7 e o 9 de decembro, durante a
ponte da Constitución, os días 15 e 30 de decembro e o 3 de xaneiro,
véspera de Reis. A Asemblea Xeral de Traballador@s
celebrada o 23 de outubro ratificou o plan de mobilizacións
presentado por CCOO e CXT.
Así mesmo, desde as Marchas da Dignidade de
Madrid, denuncian "a decisión unilateral da Dirección da
Empresa de implantar o Convenio Provincial de Loxística e acabar co
convenio propio que ata entón se lles estaba aplicando".
"As consecuencias de todo isto -din -
tradúcense nunha enorme perda de dereitos para @s traballador@s e unha
maior precarización dos postos de traballo".
Vense prexudicadas, por exemplo, as categorías
medias e baixas (entre 2.500 e 4.500 euros anuais co novo convenio), e
tamén perden cobertura quen cae de baixa. Anteriormente pagábase o 100%
do salario na primeira baixa e agora queda no 75%. A isto hai que sumar
as xornadas maratonianas e interminables que vén sufrindo o
persoal desde hai tempo, a ausencia dunha política adecuada por parte da
empresa en materia de saúde laboral, o que a diario provoca numerosas
lesións e danos en @s traballador@s e a precariedade na contratación
(máis do 40% do persoal) traballa a través de ETTS con contratos que se
asinan semanalmente.
A LOITA CONTRA UN XIGANTE E OS GRANDES
MEDIOS DE COMUNICACIÓN
As Marchas da Dignidade de Madrid
destacan a dimensión do inimigo dos traballadores da multinacional.
"Somos conscientes que vos enfrontades a un
xigante, que como xa vimos na anterior folga non vai escatimar nas súas
xa habituais malas artes: ameazas, presión sobre @s traballador@s máis
vulnerables con contratos temporais e ETTs e se é preciso facer uso das
forzas represivas do estado: os “piquetes da patronal” coa súa coacción
tan discreta como eficaz cando a situación o require. E aínda que estas
vergoñosas prácticas non nos sorprendenden, non por iso, debemos deixar
de denuncialo".
Denuncian, igualmente, a función dos grandes medios
de comunicación, "que actúan en defensa dos intereses dos donos das
multinacionais".
"Uns medios -explican - que no caso
de Amazon trataron de vender “” as bondades do seu presidente,
Jeff Bezos, un dos homes máis ricos do mundo, en relación á “súa vea
filantrópica” e “caritativa” e que non fai moito atreveuse a
realizar unha consulta en Twitter onde preguntaba “cal era a mellor
maneira de usar a súa riqueza para axudar a outros”".
"Con todo, o que ocultan todos eses medios de
desinformación, é que a multinacional do señor Bezos ten unha ampla
experiencia en explotar @s traballador@s, como os do almacén de Tilbury
en Inglaterra, onde se viven xornadas laborais infernais e é habitual
ver a ambulancias levándose a traballador@s do almacén".
"Reiteramos unha vez máis- conclúen -
o noso apoio e solidariedade e non teñades ningunha dúbida que
apoiamos de maneira incondicional as vosas xustas reivindicacións e as
mobilizacións que tedes previsto realizar nos próximos días".
http://canarias-semanal.org/art/23962/las-marchas-de-la-dignidad-con-los-trabajadores-de-amazon