Reunión coa Xerencia o vindeiro día 20

O xerente ven de enviar á Xunta de Persoal a
documentación das cuestións que forman parte da orde do día da reunión
do vindeiro día 20. O primeiro que compre sinalar é que a Xerencia non
envía a información relativa aos procesos de estabilización,
documentación que se comprometera a remitir.
Información aportada pola Xerencia e que
será a base da reunión convocada para o día 20:
AVISO. Este é o
“paquete” coas propostas da Xerencia, suxeitas a debate e modificacións.
A salientar:
As convocatorias de
concurso-oposición establecen 70 puntos para a fase de oposición e 30
para a fase de concurso.
No apartado de experiencia,
recóllese que se computará a acreditada polos candidatos, como
funcionario de carreira ou interino ou persoal laboral fixo ou temporal,
que desempeñasen funcións idénticas ou análogas as da respectiva
convocatoria, tal e como reclamabamos.
Non se reflicte nas convocatorias a posible
convalidación da titulación que permitiría a inscrición nas
probas, tamén solicitamos que se explicitase.
Nalgunha convocatoria non se presenta
temario e, nalgunha outra, aparece o temario da fase de promoción
cando xa se sinalou en anteriores reunións que na promoción partíase da
base de que as persoas que se presentaban xa realizaran unha proba
anterior na que se demostraran coñecementos que non se requirían de
novo.
Algunha da normativa que se
sinala está xa desfasada
A proba práctica da convocatoria
da escala administrativa C1, contempla que se realizará
sobre o software de Microsoft, en concreto en Microsoft Word 2010
(procesador de textos) e o Microsoft Excel 2010 (folla de cálculo).
Aínda queda moito traballo por realizar.
Reiteramos a
nosa posición sobre como se deberían desenvolver os procesos,
selectivos correspondentes ás Ofertas de Emprego Público acumuladas como
das convocatorias de estabilización. Volvemos a lembrar o que sinala a
opinión da
Avogacía do Estado ao respecto de como se debe realizar a
fase de estabilización.
Manterémosvos informad@s.