O persoal interino solicita reunirse co xerente e reitor

Hai unha tempada que o persoal interino se está a
mover arredor dun escrito que se está a avalar mediante a recollida de
sinaturas entre o colectivo e que ten como destinatarios ao xerente e
reitor, aos que se lles solicita unha reunión, “... a realizar o antes
posible, na que poderíamos detallar os puntos introducidos neste escrito
e explicar por que é moi importante non precipitarse nas convocatorias
de prazas neste momento.”
Aparte doutras posibles consideracións, ao noso
entender, este escrito chega tarde porque as convocatorias xa publicadas
nas que se reflicte a Oferta de Emprego Público de 2015 non se deberon
realizar mediante ese procedemento porque todas as prazas que se
contemplan nesa Oferta están suxeitas a estabilización.
Escrito de recollida de sinaturas solicitando
reunión co xerente e reitor
Anexo no que o persoal interino reflicte cal é o estado actual en que
se atopan as OEPs e futuros procesos selectivos que nos afectan como
colectivo de interinos
A Comunidade de Madrid ten un problema: 50.000 interinos aspiran a ser fixos sen oposición