1 de decembro. Contra a estafa eléctrica e en defensa da terra

As Marchas da Dignidade manifestaranse o día 1 de
decembro en Touro, focalizando a protesta na Estafa Eléctrica e na
contaminación e maltrato da terra e o mar. As multinacionais mineiras,
as empresas eléctricas ou a Celulosa esquilman os nosos recursos,
contaminan os ríos, enchen o monte de eucaliptos co beneplácito da Xunta
de Galicia e, por se fora pouco, estes días temos o récord de prezo de
electricidade, xusto cando vai comezar o inverno e moita xente non ten
apenas para comer e vai pasar frío por non poder pagar a estafa das
eléctricas.
Por iso iremos a Touro, porque é un símbolo do que
están a facer coa nosa terra.
Buses e percorrido da manifestación:
Esperamos encher Touro de xente digna que loita e
defende a terra, a natureza, os nosos recursos e a nosa xente.