Sen acordo sobre os servizos mínimos para as xornadas de paros de 2 horas, que serán impugnados unha vez máis na CRTVG por abusivos

No anterior PASquín informabamos da
convocatoria dunha folga gradual na CRVG que arrancará este
mes de novembro, durante os días 20, 22, 24, 26, 28 e 30 e tamén o 2 de
decembro. Nesta primeira etapa afolga materializarse en paros de 2 horas
por quenda, afectando a todas as quendas. Posteriormente, xa en
decembro, a protesta ampliarase á folga de 24 horas, que será convocada
para o mércores 19 de decembro, xornada na que se realizará unha
manifestación cuxo percorrido e horario está aínda por determinar. O
sábado desa mesma semana, 22 de decembro, día da lotería estatal,
as traballadoras que prestan servizos na quenda de fin de semana tamén
estarán convocadas a parar (na proporcionalidade horaria dunha
xornada de folga de 24 horas que lle corresponde a esta quenda
especial).
Agora o comité de folga comunica que as
“negociacións” coa empresa para o establecemento dos servizos mínimos
remataron sen acordo na tarde do día 15 de novembro. A empresa envioulle
o día 16 á Xunta o listado numérico de efectivos convocados para prestar
servizos mínimos en cada categoría. Como moi tarde o luns publicaranse
no DOG. Ese mesmo día coñecemos a listaxe nominal. Queda pendente a
negociación dos mínimos para as xornadas de folga de 24 horas e 6 horas
de decembro.