Visita de Feijóo á Reitoría

O venres 16 Feijóo pasou pola Reitoría. Non
podiamos deixar de aproveitar esta circunstancia para clamar, para
berrarlle, alto e claro -fixémolo con megáfono- que rexeitamos as súas
políticas neoliberais e, nomeadamente, contra os recortes realizados
durante os seus gobernos nas universidades públicas galegas e @s
traballador@s que temos o privilexio de realizar o servizo público nas
administracións de Galiza. nestas institucións.
Os graves e importantes recortes impostos na
universidade –aínda os estamos a sufrir- incrementaron, de xeito notable
a precariedade laboral, diminuíndo de xeito substancial o número de
persoal que de xeito estable realizan as labores propias da institución
na que prestamos servizo. A estes recortes temos que engadir os que se
nos impuxeron mediante a expropiación dunha considerable parte dos nosos
salarios e dereitos laborais e sociais.
O paso de Feijóo pola praza da reitoría –el, o seu séquito e @s que foron a aplaudirlle, si que puideron estacionar o seu vehículo na praza- aínda que fugaz, permitiunos que despregásemos unha pancarta e berrásemos desde os balcóns, ben forte e claro que, a pesar das aclamacións que recibiu, na nosa universidade somos moitas as traballadoras e traballadores que rexeitamos a súa presenza e as súas políticas.