Desmontouse a montaxe! Boro LH queda absolto de todos os cargos

Esta mañá Boro LH recibiu a sentenza que o absolve
de todos os cargos no caso de "Xaque á Monarquía". Tras estes 4 anos e
medio de loita quedou demostrado o que tantas veces dixemos desde aquela
tarde: que Boro LH non agredira a ninguén, que foi el e o resto de
xornalistas presentes naquel momento os que foron vítimas da violencia e
a brutalidade policial. Que aquel día o que houbo foi un descarado
ataque á liberdade de prensa e ao xornalismo crítico.
Despois dun longo proceso, o pasado 3 de outubro
celebrouse por fin o xuízo para o que inicialmente pedían unha pena de 6
anos e 6.200 € de indemnización. Segundo recolle a sentenza, non quedou
acreditado nin fundamentado en nin unha soa proba que o noso compañeiro
agredise a ninguén, e establece que o relato e a palabra dos axentes non
poden ser suficientes para vulnerar o dereito de presunción de inocencia
se non hai nin unha soa proba. Céntrase tamén nas graves contradicións
expresadas por estes policías durante o xuízo, con como ocorreron os
feitos e coas inexactitudes sobre as súas supostas lesións, Fundamenta
tamén a súa decisión de absolver ao xornalista coa visualización dun dos
vídeos e o testemuño da persoa que o gravou. Así que, desta maneira o
tribunal absolve a Jorge Correa, máis coñecido como Boro LH, do delito
de atentado á autoridade e dos dous delitos de lesións que lle
imputaban.
Lembramos que a fiscalía ten agora 10 días para
presentar recurso contra esta decisión, aínda que confiamos en que non
sexa recorrida, dada a esmagadora forma en a que se desmontou a montaxe
durante o xuízo.
Ademais Boro LH ten, doutra banda, unha condena de
ano e medio de prisión por enaltecemento do terrorismo como consecuencia
da súa detención na Operación Araña II, actualmente está recorréndoa ao
Tribunal Supremo e seguirá loitando pola súa absolución total tamén
neste outro caso contra a liberdade de expresión.
Nada máis coñecer a noticia o xornalista escribiu
este fío en twitter:
Nos próximos días faremos unha valoración máis
extensa sobre este proceso e a sentenza, de momento hoxe en
La Haine estamos
de parabén. Moitas grazas a todas e cada unha das persoas que dunha
maneira ou outra axudaron a facer fronte a esta descarada montaxe
policial. Sentimos toneladas de solidariedade e iso sen dúbida, foi
a mellor parte de todo este proceso.
NINGUNHA MORDAZA NOS VAI A TAPAR A BOCA!
Texto completo en: https://www.lahaine.org/fM0R