A Unión de Consumidores cualifica de “impresentable” a situación creada polo Supremo en relación ás hipotecas

A decisión do Tribunal Supremo español de corrixir
a súa decisión en relación ao pago do imposto sobre documentos
notariais, mercantís e administrativos na tramitación de hipotecas
causou un grande impacto na cidadanía e tamén nas entidades que a
defenden.
A Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL) amósase
indignada por esta decisión. O seu secretario xeral, Miguel López,
asegurou a Nós Televisión que “dos tres escenarios posibles este é o
peor”. Indignación diante dunha decisión cando “o diñeiro dos cidadáns é
tan importante como o das entodades bancarias”.
O secretario Xeral da UCGAL, aínda así, ve
posibilidades de que as persoas perxudicadas por esta decisión do
Supremo poidan recuperar os seus cartos. Unha destas solucións sería a
de mudar a lei. Esa foi a decision anunciada hoxe mesmo polo presidente
do goberno español, Pedro Sánchez, que asegurou que este mesmo xoves
aprobará un Real Decreto Lei que mude o regulamento que para liberar ao
cliente do pago do gravame. “O outro é continuar pedindo a devolución
dos cartos abonados”, sinalou Miguel López.
https://nostelevision.gal/a-union-de-consumidores-califica-de-impresentable-a-situacion-creada-polo-supremo-en-relacion-as-hipotecas/