Reunión da Xunta de Persoal e posterior reunión coa Xerencia

O martes da pasada semana iniciamos a
comunicación co resto de sindicatos que forman parte da Xunta de Persoal
no camiño de convocar unha reunión do órgano de representación para dar
resposta á inacción institucional nos temas que se debateron no grupo de
traballo de acción social-conciliación e sobre a recuperación da xornada
de 35 horas así como do 100% de salario en caso de IT. , ese mesmo
día, a última hora, a Xerencia remitiu unha convocatoria de reunión para
o día 9 de novembro, xuntando a documentación que se comprometera a
enviar a semana anterior.
Documentación enviada:
En primeiro lugar realizouse unha
reunión
da Xunta de Persoal na que, en esencia preparamos a reunión
posterior coa Xerencia.
RESOLUCIÓN DE ____ DE __________ DE 2018
QUE REGULA A XORNADA, HORARIO DE TRABALLO, VACACIÓNS E CONCESIÓN DE
PERMISOS E LICENZAS DO PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS DA
UNIVERSIDADE DA CORUÑA
A Xunta de Persoal acorda por unanimidade non
aceptar a proposta da Xerencia que supón que, a cambio da restitución da
xornada de 35 horas, recortaría substancialmente os días de asuntos
particulares que pasarían a ser exclusivamente 6.
A Xunta de Persoal reclama a restitución da xornada
e dos días de asuntos particulares aos que tiñamos dereito no ano 2012.
É dicir, xornada de 35 horas e 10 días de asuntos particulares (9 + 1
para homologar co persoal laboral).
ACORDO ENTRE O REITOR DA UNIVERSIDADE DA
CORUÑA E A XUNTA DE PERSOAL DE PAS PARA O ABOAMENTO DUNHA GRATIFICACIÓN
POR XUBILACIÓN Á IDADE LEGAL, ASI COMO UNHA AXUDA FAMILIAR POR
FALECEMENTO E/OU INCAPACIDADE DEFINITIVA QUE SUPOÑA A RUPTURA DA
PRESTACIÓN DE SERVIZOS COA UNIVERSIDADE DA CORUÑA E DUNHA AXUDA POR
FILLOS/AS DO PAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL IGUAL OU SUPERIOR AO 33%
ABOAMENTO DUNHA GRATIFICACIÓN POR XUBILACIÓN Á
IDADE LEGAL:
A Xunta de Persoal non acepta a proposta por:
1. Contémplase unha
gratificación de 400€ por ano traballado o que suporía que para alcanzar
a cantidade de 18.000€ habería que traballar 45 anos, algo que parece
imposible alcanzar.
2. Establécese a súa vixencia
exclusivamente até a finalización do actual plano de financiamento do
Sistema Universitario Galego (SUG) o que obriga a renegociacións
periódicas coa inseguridade que isto produce.
AXUDA FAMILIAR POR FALECEMENTO E/OU INCAPACIDADE
DEFINITIVA QUE SUPOÑA A RUPTURA DA PRESTACIÓN DE SERVIZOS COA
UNIVERSIDADE DA CORUÑA
A Xunta de persoal insta a retirada da obriga de
que a persoa ou familia da persoa afectada reclame a axuda. Ínstase a
incluíla na liquidación que proceda e de xeito automático.
INSTRUCIÓN DA XERENCIA DO 5 DE OUTUBRO DE
2018 SOBRE O RÉXIME RETRIBUTIVO NA SITUACIÓN DE INCAPACIDADE TEMPORAL DO
PERSOAL AO SERVIZO DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA
A Instrución limítase a establecer o recoñecemento
do dereito. A Xunta de Persoal, respecto do “Plan de control do
absentismo”, entende que se ten que negociar con todos os sectores
afectados, PDI laboral, PDI funcionario, PAS laboral, PAS funcionario...
coa finalidade de que todos os traballadores e traballadoras teñamos as
mesmas condicións, nunca aceptaría un procedemento que afectase
exclusivamente ao PAS.
Reunión Xerencia - Xunta de Persoal
Posteriormente á reunión da Xunta de Persoal
realizouse a reunión co xerente na que se lle transmitiron as decisións
adoptadas.
RESOLUCIÓN DE ____ DE __________ DE 2018
QUE REGULA A XORNADA, HORARIO DE TRABALLO, VACACIÓNS E CONCESIÓN DE
PERMISOS E LICENZAS DO PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS DA
UNIVERSIDADE DA CORUÑA
Despois dunha longa discusión o xerente solicita
que se lle transmita, por escrito, unha proposta alternativa, Pola súa
parte revisará, tamén, a proposta.
ACORDO ENTRE O REITOR DA UNIVERSIDADE DA
CORUÑA E A XUNTA DE PERSOAL DE PAS PARA O ABOAMENTO DUNHA GRATIFICACIÓN
POR XUBILACIÓN Á IDADE LEGAL, ASI COMO UNHA AXUDA FAMILIAR POR
FALECEMENTO E/OU INCAPACIDADE DEFINITIVA QUE SUPOÑA A RUPTURA DA
PRESTACIÓN DE SERVIZOS COA UNIVERSIDADE DA CORUÑA E DUNHA AXUDA POR
FILLOS/AS DO PAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL IGUAL OU SUPERIOR AO 33%
O xerente revisará a proposta no que se refire á
cantidade anual coa finalidade de chegar aos 500€.
Entende que o acordo debe remitirse á Lei de
financiamento para asegurar a súa viabilidade.
Acepta que, no caso de falecemento... a cantidade
deste concepto se inclúa automaticamente na liquidación.
INSTRUCIÓN DA XERENCIA DO 5 DE
OUTUBRO DE 2018 SOBRE O RÉXIME RETRIBUTIVO NA SITUACIÓN DE INCAPACIDADE
TEMPORAL DO PERSOAL AO SERVIZO DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA
Proponse a retirada do punto “Plan de control do
absentismo” coa finalidade de acadar o acordo. Acéptase.
O xerente informa:
Promocións 2018 e OEP acumuladas.
O martes desta semana remitirá as propostas das convocatorias e
temarios das promocións e quenda libre. Convocará unha reunión
para o día 15 coa finalidade de debatelas.
Estabilización. Comunica que estivo a
revisar as prazas suxeitas a ser estabilizadas. Pediu instrucións á
Consellería de Facenda de como proceder, comunicándolle que fora a única
institución que o fixera. Espera que en próximas datas poderá presentar
unha proposta. Asegura que ao estar orzadas ao grupo superior do
barrado, non existe incremento orzamentario neste proceso.
A modificación da OEP 2018 da que
xa vos informamos será remitida nesta semana ao DOG para a súa
publicación.
Entende que as conversas co Concello polos
aparcadoiros están esgotadas. Reclámaselle máis frecuencias de
autobuses á hora de comezo da xornada laboral.
Quenda aberta de intervencións. Entre outras intervencións:
Requírese, unha vez máis, a revisión do tempo
máximo de estacionamento (o bono só contempla 5 horas), este tempo non
chega para as reunións da Xunta de Persoal e reunións posteriores coa
Xerencia. Ínstase as reunións fóra da Reitoría para evitar problemas de
aparcadoiro
o O Xerente sinala que está no camiño
de xestionar un bono que abarque 7 horas. Prefire as reunións na
Reitoría.
Non enviou a Resolución pola que se reordena o
Servizo de Xestión Económica
o Enviaraa proximamente.
Mentres que non se levan a efecto as obras
encamiñadas á optimización da climatización e xestión da enerxía na
Reitoría, se revise a instalación eléctrica que, na actualidade ten
microcortes que reinician o hardware e producen cortes eléctricos cando
o persoal para facer fronte ao frío recorre a estufas.
o O xerente toma nota.
Votación electrónica.
o O xerente sinala que non
proporcionará cobertura para a súa realización.
Comisións de servizo en asuntos económicos. Ínstase
a reconsideración da Resolución de Xerencia de 2 de xullo de 2018, por non cumprir os obxectivos desexados.
o O xerente sinala que aínda que todo
é mellorable, se non se fai unha proposta fundamentada non a revisará